ALCER CORUÑA. ESPECIAL DÍA DO DOANTE 2025
DELEGACIÓN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
MESA INFORMATIVA NA PRAZA DO TOURAL
O mércores estivemos na Praza do Toural de 10:00 a 14:00 horas, onde instalamos unha mesa informativa e entregamos ás persoas viandantes 400 dípticos informativos para sensibilizar sobre a importancia de ser persoas doadoras.
Á mesa achegouse a Concelleira de Dereitos e Servizos Sociais do Concello de Santiago (María Rozas) e tamén o director médico de HM Hospitales Santiago de Compostela (Pablo Asensio).
Grazas tamén a Ritxi, Silvia, Celia, José Manuel e Gerardo por acompañarnos como persoas voluntarias tanto ao equipo técnico da delegación (Mónica Conde e Jessica Antelo) como á xunta directiva (Alfredo Saborido e Ana Mato).
DELEGACIÓN DE CORUÑA
MESA INFORMATIVA NO OBELISCO
O mércores tamén estivemos no Obelisco de 10:00 a 14:00 horas cunha mesa informativa.
Á mesa achegouse a Concelleira de Benestar Social, Participación e Igualdade do Concello da Coruña (Nereida Canosa).
Grazas Alejandra e Marcelo por axudarnos e acompañarnos como persoas voluntarias tanto ao equipo técnico da delegación (Cristina López e Ana García) como á xunta directiva (Beatriz Vega).MESA INFORMATIVA NO CENTRO UNIVERSITARIO DE RIAZOR
Onte instalamos unha mesa informativa no Centro Universitario de Riazor, na que Alejandra e Marcelo (persoas voluntarias de Alcer Coruña), sensibilizaron ao alumnado que se achegou sobre a doazón de órganos.
MESA INFORMATIVA NA FUNDACIÓN SAN RAFAEL
Esta mañá tamén estivo a traballadora social Cristina López na Fundación San Rafael xunto coa súa directora Dolores Estrada, onde se colocou unha mesa informativa para fomentar a importancia da doazón de órganos.
DELEGACIÓN DE FERROL
MESA INFORMATIVA NO CONCELLO DE NARÓN
No concello de Narón instalamos o mércores pola mañá outra mesa informativa para o fomento da doazón, na que acompañaron á traballadora social da delegación (Ángela Breijo) o enfermeiro da UCI Javier Hermida, a subdirectora de enfermaría Begoña Vidal, á facultativa de UCI e de coordinación da doazón da área sanitaria de Ferrol María José Castro e o xefe de servizo de nefroloxía do CHUF Pablo Bouza.
MESA INFORMATIVA NA PRAZA DA GÁNDARA DE NARÓN
Pola tarde e tamén en Narón, estivemos na Praza da Gándara xunto coa voluntaria Ángeles Fernández; a concelleira de Igualdade, Benestar Social e Política Lingüística do Concello de Narón; o presidente de Alcer Coruña Rafael Rodríguez; e a traballadora social da delegación de Ferrol Ángela Breijo.
MESA INFORMATIVA NO CAMPUS DE FERROL
E entre a poboación estudante do Campus de Ferrol tamén quixemos achegar onte pola mañá a importancia da doazón grazas á axuda do noso voluntario Gumer.


.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpg)
.jpg)

Comentarios
Publicar un comentario