ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 28 DE ABRIL / 1 DE MAIO DO 2025

SENSIBILIZACIÓN| Feira da saúde de Ames 

O pasado sábado estivemos en Bertamiráns na IV Feira da Saúde e Benestar do Concello de Ames. Á traballadora social da delegación de Santiago (Mónica Conde) acompañárona ao longo da xornada os membros da xunta directiva Ana Mato e Martín Flores.

FORMACIÓNS | Obradoiro de nutrición en S​antiago

O martes tivo lugar o último obradoiro de nutrición deste 2025 na delegación de Santiago de Compostela, impartido por Nerea Nogueira (nutricionista da Federación Alcer Galicia).

FORMACIÓNS | IES Carvalho Calero (Ferrol)

O luns estivemos sensibilizando sobre a importancia da doazón de órganos ao alumnado do IES Carvalho Calero de Ferrol. Á traballadora social da delegación de Ferrol (Ángela Breijo) acompañárona Nerea González (nutricionista en prácticas) e Fernando Pena (persoa con enfermidade renal voluntario de Alcer Coruña). 

- RECEITA| SALSA DE IOGUR

Comentarios