ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 26 DE MAIO DO 2025

OCIO Encontro de persoas con enfermidade renal 

Aínda quedan prazas libres! Inscricións no 604022746 ou no 604051293

​​SINERXIASAsemblea da Federación COGAMI Coruña

Este luns o presidente de Alcer Coruña, Rafael Rodríguez, asistiu á Asemblea da Federación COGAMI Coruña que tivo lugar en Santiago de Compostela.

​​​FORMACIÓNObradoiro de terapia ocupacional en Culleredo

O martes a terapeuta ocupacional de Alcer Coruña (Jessica Antelo), impartiu unha formación sobre a labor da terapia ocupacional e o uso de produtos de apoio dirixida ao alumnado do Centro Ocupacional Municipal de Culleredo. 

​​​FORMACIÓNObradoiros de exercicio físico

O martes e mércores tamén se desenrolaron os obradoiros presenciais do grupo de exercicio físico dirixido a persoas con enfermidade renal. Foron impartidos por Antía Vidal, técnica en ciencias da actividade física e deporte.
Esta actividade saiu publicada na prensa hoxe: Nova do Ideal Gallego

​​​​​TARDES CON ALCERA Coruña

Na tarde de onte tivo lugar a convocatoria do grupo de "Tardes con Alcer" da Coruña.

- RECEITA| Pementos recheos


- NOVAS DE INTERESE| 

Enfermidade renal

👉🏻 A Organización Mundial da Saúde inclúe á enfermidade renal na súa axenda global. 🔗 Neste artigo pode consultarse toda a información
👉🏻 IntERKit, un novo proxecto para a detección temperá da enfermidade renal crónica. 🔗 Accede aquí á nova completa

Máis de Alcer Coruña

👉🏻 Como cada mes, desde a Federación Nacional Alcer publican un resumo das actividades mensuais de Alcer Coruña 🔗 que podes consultar aquí

Comentarios