ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 12 DE MAIO DO 2025
SINERXIAS| Reunión a prol da saúde renal
O pasado venres tivo lugar a Declararación Institucional do Parlamento de Galicia a prol da saúde renal na que participamos como entidade membro da Federación Alcer Galicia, xunto con AGAL, SGAN e Otsuka. Acudiu como representante da entidade Rafa Rodríguez, presidente de Alcer Coruña e da Federación Alcer Galicia.
FORMACIÓN| Obradoiro de sexualidade e nutrición en Culleredo
O pasado venres tivo lugar un obradoiro de nutrición impartido pola nutricionista Nerea Nogueira no Centro Ocupacional Municipal de Culleredo e este martes achegouse o traballador social e sexólogo Alfredo Saborido para impartir tamén unha formanción de sexualidade. Ambas actividades están incluídas no servizo de acompañamento e prevención da enfermidade renal crónica subvencionada polo Concello de Culleredo.


.jpeg)




Comentarios
Publicar un comentario