ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 7 DE ABRIL
- SENSIBILIZACIÓN| Mesa informativa en Carballo
O sábado estivemos no encontro entre Basket Xiria e o Santo Domingo Betanzos no pavillón Vila de Noia do Concello de Carballo, onde instalamos unha mesa informativa para informar sobre os hábitos de vida saudable para o coidado da saúde renal e a importancia da doazón de órganos.
Acudiron a traballadora social da delegación da Coruña Cristian López xunto con Raúl Hebert e Carmen Peniza (persoas voluntarias da entidade).
- SENSIBILIZACIÓN| Obradoiro en Culleredo
O luns estivemos no Centro Ocupacional Municipal do Concello de Culleredo sensibilizando sobre a importancia dos hábitos de vida saudable a 50 persoas usuarias e 10 alumnas e alumnos.
- SENSIBILIZACIÓN| IES Canido (Ferrol)
O martes e o xoves estivemos co alumnado de 2º da ESO do IES Canido falando sobre a importancia da doazón de órganos e fomentando hábitos de vida saudables. Esta formación foi impartida pola traballadora da entidade xunto con Nerea González, alumna en prácticas do Grao de Nutrición. Ademais, contaron a súa vivencia convivindo coa ERC, Rafa Rodríguez, presidente da entidade e transplantado de ril desde hai más de 30 anos e Gumer González, voluntario da entidade quen se atopa á espera do seu 2º transplante.
- FORMACIÓNS | Obradoiro de Terapia Ocupacional na Coruña
- FORMACIÓNS | Próximos obradoiros de Nutrición
- RECEITA| Rodaballo con espárragos e alioli
- NOVAS DE INTERESE|
Investigación


Outra información de interese social


Comentarios
Publicar un comentario