ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 31 DE MARZO / 1 ABRIL DO 2025
- ASEMBLEAS| Xerais ordinaria e extraordinaria
O pasado domingo celebramos as asembleas xeral ordinaria e extraordinaria de Alcer Coruña na que participamos un total de 41 persoas e puidemos analizar tanto o traballo realizado no ano 2024 como presentar a actividade prevista para este 2025. Logo, desfrutamos dun xantar, no restaurante El Pantano de Abegondo. Grazas a todas as persoas participantes!
- FORMACIÓNS | Colexio San Jorge
O luns estivemos co alumnado de 6º de primaria do Colexio San Jorge de Santiago de Compostela falando sobre a importancia da doazón de órganos. Acompañounos Celia Uzal, voluntaria e transplantada de ril desde fai case 3 anos.
- FORMACIÓNS | Obradoiro de nutrición A Coruña
Na tarde de onte tivo lugar o obradoiro de nutrición para persoas con enfermidade renal na delegación da Coruña. Aínda quedan prazas dispoñibles nas delegacións de Ferrol e Santiago de Compostela!
- X SOLIDARIA| Marca o recadro 106 na declaración da renda
Un ano máis e tras comezar este mércores a campaña da declaración da renda, queremos recordarvos a importancia da "X Solidaria". Se ao presentar a vosa declaración marcades o recadro 106, o 0,7% dos teus impostos destinaranse a entidades de fin social como Alcer Coruña co obxectivo de poder apoiar económicamente o mantemento dos nosos servizos e programas. Non custa nada e con ese simple xesto poderás mellorar a calidade de vida das persoas con enfermidade renal.
Para informar á cidadanía e sensibilizar sobre isto, na delegación de Santiago reunímonos na Praza da Quintana este mércores xunto con otras entidades sociais.
- NOVAS DE INTERESE|
Enfermidade renal
Novo capítulo de Nefro Late Show
Podes visualizalo clicando aquí
A importancia do apoio psicolóxico nas persoas con enfermidade renal
Deixámosvos o relato en primeira persoa de Laura Sanahuja, persoa con ERCDoazón de órganos
As persoas residentes en españa teñen a probabilidade máis alta de toda Europa de recibir un transplante.
Deixamos aquí a nova completaMáis de Alcer Coruña
Queres botarnos unha man e axudarnos a que sexamos máis persoas socias en Alcer Coruña? Deixámosvos un vídeo para que poidades difundir e conseguir así que medre esta gran familia!
Resumo de actividades de Alcer Coruña no mes de marzo elaborado pola Federación Nacional Alcer
Accede aquí para poder lelo.jpg)








Comentarios
Publicar un comentario