ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 21 DE ABRIL DO 2025
SENSIBILIZACIÓN| Feira da saúde de Ames
Mañá estaremos desde as 11:00 ata as 20:00 horas na IV Feira da Saúde de Ames sensibilizando sobre a importancia da doazón de órganos e a enfermidade renal. Achégate a visitarnos!
FORMACIÓNS | Obradoiro de nutrición en Ferrol
Este martes tivo lugar un obradoiro teórico - práctico de nutrición en Ferrol impartido pola nutricionista da Federación Alcer Galicia (Nerea Nogueira) e a estudante en prácticas de nutrición (Nerea González).
Aínda quedan prazas dispoñibles no obradoiro do próximo martes en Santiago de Compostela. Chámanos para inscribirte!
FORMACIÓNS | Obradoiro de terapia ocupacional en Coruña
Na tarde de onte impartiuse o obradoiro "Ti podes" na Coruña da man da terapeuta ocupacional de Alcer Coruña (Jessica Antelo). Abordáronse contidos vencellados a métodos de conservación de enerxía e emprego de produtos de apoio para mellorar a independencia nas actividades da vida cotiá.
- RECEITA| ARROZ 3 DELICIAS
- NOVAS DE INTERESE|
Enfermidade renal
Novo capítulo do programa Nefro Late Show. Podes visualizalo aquíDiscapacidade
Desde o CERMI informan da eliminación do Estatuto de Traballadores a extinción automática do contrato para unha persoa traballadora á que lle recoñezan unha incapacidade permanente. Podes consultar toda a información aquí ou na imaxe adxuntaOutras novas
Non esquezas marcar a "X Solidaria" na túa declaración da renda para axudarnos ás entidades sociais a seguir mantendo os nosos programas e servizos. Deixámosvos aquí toda a información!.jpg)
%20(1).jpeg)
%20(1).png)
.jpeg)

Comentarios
Publicar un comentario