ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 14 DE ABRIL

- TARDES CON ALCER Santiago de Compostela

Na tarde do martes tivo lugar unha nova xuntanza do grupo de iguais en Santiago de Compostela. 

- ACTOS X Solidaria Ferrol

Un ano máis, na cidade de Ferrol, as entidades do 3º sector da comarca unímonos para recordarlle á cidadanía a importancia da "X Solidaria". Se ao presentar a vosa declaración marcades o recadro 106, o 0,7% dos teus impostos destinaranse a entidades de fin social como Alcer Coruña co obxectivo de poder apoiar económicamente o mantemento dos nosos servizos e programas. Non custa nada e con ese simple xesto poderás mellorar a calidade de vida das persoas con enfermidade renal.
Nesta ocasión contamos co apoio do club de baloncesto BAXI Ferrol, quenes se sumaron a esta iniciativa coa lectura do manifesto. 
Grazas a Jorge Meis, fotógrafo do Diario de Ferrol, pola autoría desta 📸

- DETECCIÓN DE IRREGULARIDADES NA APLICACIÓN DO BAREMO DO GRAO DE DISCAPACIDADE

A Federación Nacional de Asociaciones Alcer, convídanos a participar nun estudo que van a realizar desde COCEMFE sobre as irregulariedades na aplicación do Baremo do Grao de Discapacidade. Para isto, facilítannos a unha enquisa anónima en formato dixital, a través da cal, as persoas que desexen participar poderán compartir as súas valoracións do Grao de Discapacidade. 
A finalidade deste cuestionario é xerar accións de incidencia política, información e formación e que se trasladará a todo o Movemento Asociativo.
Podes participar a clicando AQUI.
☎️ Contacta con nós para maior información.

- FORMACIÓNS | Vindeiro obradoiro de Terapia Ocupacional na Coruña

- FORMACIÓNS Próximos obradoiros de nutrición 



- RECEITAPizza Caseira

- NOVAS DE INTERESE |

Enfermidade renal
👉🏻  A Fundación de Ciencias de la Salud publicou o documento multidisciplinar A Enfermidade Renal Crónica e a súa situación en España, elaborado coa axuda persoas expertas en diverdas especialidades 🔗 Podes consultalo clicando aquí

Comentarios