ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 3 DE MARZO DO 2025
- ASEMBLEAS| Xeral Ordinaria e Extraordinaria
AQUÍ poderedes acceder á convocatoria da mesma, que recibiredes tamén nos vosos domicilios.
- GRADA SOCIAL OBRADOIRO CAB| Entradas gratuítas para persoas socias e usuarias
O Obradoiro CAB ofrece a súa grada social co motivo do Día Mundial do Ril para persoas socias e usuarias de Alcer Coruña. Queres acompañarnos? Data límite de inscrición ata o venres 14 (Prazas limitadas)
- DÍA DA MULLER | Participación de Vanessa Enríquez
Polo Día da Muller, que se celebra mañá sábado 8 de marzo, contamos coa colaboración a campaña da Federación Nacional Alcer da vocal da Xunta Directiva Vanessa Enríquez. Podedes ver AQUÍ o vídeo que elaborou para participar na campaña.
- CAPTACIÓN DE VOLUNTARIADO| Universidade da Coruña
Este mércores estivemos na Facultade de Enfermería da Universidade da Coruña para a captación de persoas voluntarias para a medición de tensión e glicosa polo Día Mundial do Ril.
- FORMACIÓNS| Datas dos obradoiros de nutrición 2025
Non quedes sen a túa praza! Chámanos para inscribirte en calquera unha das nosas tres delegacións!
- NOVAS DE INTERESE|
Doazón de órganos


Comentarios
Publicar un comentario