ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 24 DE MARZO DO 2025
- EVENTOS| Congreso "Lo que verdad importa"
O pasado venres a vicepresidenta Iria Catoria, acudiu ao Congreso "Lo que de verdad importa" celebrado na cidade da Coruña.
- SINERXIAS| Consello de Benestar Social de Ferrol
O pasado martes o presidente de Alcer Coruña, Rafael Rodríguez, acudiu ao Consello de Benestar Social do concello de Ferrol.
- SENSIBILIZACIÓN| Fomento da doazón en Culleredo
Este mércores estiveron no CEIP Plurilingüe Ría do Burgo de Culleredo a traballadora social da delegación da Coruña (Ana García) xunto co voluntario da entidade (Marcelo Silva) abordando co alumnado de 6º de primaria a importancia da doazón de órganos.
- TARDES CON ALCER| Xuntanzas da semana
Esta semana reuníronse os grupos de iguais "Tardes con Alcer" das delegación da Coruña e Ferrol.
O mércores celebrouse o Día Nacional do Transplante e desde a Federación Nacional Alcer organizaron, xunto con outras entidades, unha webinar informativa abordando temas como a doazón en vida, os transplantes en persoas hiperimunizadas ou o transplante en asistolia.
Comentarios
Publicar un comentario