ALCER CORUÑA. ESPECIAL DÍA MUNDIAL DO RIL 2025

DELEGACIÓN DA CORUÑA 

CAPTACIÓN DE VOLUNTARIADO NA UDC

O mércores 5 e o luns 10 de marzo estiveron na facultade de enfermaría da Universidade da Coruña (Campus da Coruña) as traballadoras sociais da delegación de Coruña (Ana García e Cristina López) e as persoas voluntarias Marcelo Silva e Margarita Daza para informar sobre o coidado da saúde renal e facer captación de voluntariado para a toma de medicións de glicosa e tensión arterial o Día Mundial do Ril. 

MESA INFORMATIVA NO HOSPITAL ABENTE Y LAGO

Na mañá de onte estivemos no patio do Hospital Abente y Lago da Coruña, onde instalamos unha carpa informativa para sensibilizar sobre a importancia do coidado da saúde renal facendo tomas de glicosa e tensión grazas á colaboración do Colexio Oficial de Farmacéuticos así como do alumnado da facultade de enfermaría e asesorando sobre hábitos de vida saudable. 
👥 Contamos coa presenza de persoas voluntarias da entidade (Marcelo e Denís), da nutricionista en prácticas (Lara) e de persoal de farmacia pertencente ao Colexio Oficial de Farmacéuticos.


DELEGACIÓN DE FERROL

MESA INFORMATIVA NO CAMPUS DE ESTEIRO

O luns estivemos na cafetería do Campus de Esteiro sensibilizando sobre a importancia do coidado da saúde renal. 
👥 Contamos coa participación de persoas voluntarias de Alcer Coruña (Juan Cagiao e Ángeles Fernández), da traballadora social da delegación de Ferrol (Ángela Breijo) e a nutricionista en prácticas (Nerea González). 

CAPTACIÓN DE VOLUNTARIADO NA UDC

O luns estiveron na facultade de enfermaría da Universidade da Coruña (Campus de Ferrol) a traballadora social da delegación de Ferrol (Ángela Breijo) e o voluntario Jesús Paz para informar sobre o coidado da saúde renal e facer captación de voluntariado para a toma de medicións de glicosa e tensión arterial o Día Mundial do Ril. 

CARPA INFORMATIVA NA PRAZA DE ARMAS

Na mañá de onte estivemos de 10:00 a 14:00 horas na Praza de Armas de Ferrol, onde instalamos unha carpa informativa para sensibilizar sobre a importancia do coidado da saúde renal facendo tomas de glicosa e tensión grazas á colaboración do Colexio Oficial de Farmacéuticos así como do alumnado da facultade de enfermaría e asesorando sobre hábitos de vida saudable. 
👥 Contamos coa presenza do supervisor da unidade de hemodiálise do Hospital Ribera Juan Cardona (Iván Rodríguez), o xefe do servizo de nefroloxía do CHUF (Pablo Bouza), a directora de enfermaría da Área Sanitaria de Ferrol (Isabel Turnes), o director de Atención Hospitalaria da Área Sanitaria de Ferrol (José Muñoz), a tesoureira de Alcer Coruña (María José Brión), o presidente de Alcer Coruña (Rafael Rodríguez), a traballadora social da delegación de Ferrol (Ángela Breijo), a administrativa de Alcer Coruña (Ana Trasmonte) e o voluntario Gumer.

DELEGACIÓN DE SANTIAGO 

CAPTACIÓN DE VOLUNTARIADO NA USC

O luns estiveron na facultade de enfermaría da Universidade de Santiago de Compostela o coordinador de Alcer Coruña (Alfredo Saborido) e a traballadora social (Mónica Conde) para falar sobre a importancia do coidado da saúde renal e facer captación de voluntariado para a toma de medicións de glicosa e tensión arterial o Día Mundial do Ril.

CARPA INFORMATIVA NA PRAZA DO TOURAL

Na mañá de onte estivemos de 10:00 a 14:00 horas na praza do Toural, onde instalamos unha carpa informativa para sensibilizar sobre a importancia do coidado da saúde renal coa entrega de dípticos, facendo tomas de glicosa e tensión grazas á colaboración do Colexio Oficial de Farmacéuticos e asesorando sobre hábitos de vida saudable. 
👥 Contamos coa presenza da concelleira de Políticas Sociais do Concello de Santiago de Compostela (María Rozas), a xefa de servizo da unidade de hemodiálise de HM La Esperanza (Mariana Garbiras), o subdirector de Humanización e Atención á Cidadanía do CHUS (Juan José González) e o director de HM La Esperanza e o Hospital La Rosaleda (Pablo Asensio). Tamén coa voluntaria de Alcer Coruña (Celia Uzal), a traballadora social da delegación de Santiago (Mónica Conde), o coordinador de Alcer Coruña (Alfredo Saborido) e a nutricionista da Federación Alcer Galicia (Nerea Nogueira). 

🚩 WEBINAR DE INTERESE O PRÓXIMO MÉRCORES




Comentarios