ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 25 DE NOVEMBRO DO 2024
- SINERXIAS | Participación nas xornadas de Alcer Bizkaia
A pasada fin de semana o xerente de Alcer Coruña (traballador social e sexólogo), participou na mesa "muller e enfermidade renal" da XVI Conferencia Informativa de Enfermidade Renal organizada por Alcer Bizkaia.
- FOMENTO DA DOAZÓN E HÁBITOS DE VIDA SAUDABLE | Escola Universitaria de traballo social
Este luns estiveron na Escola Universitaria de Traballo Social da Universidade de Santiago de Compostela (USC) os traballadores sociais da delegación de Santiago Alfredo Saborido e Mónica Conde para formar a 10 alumnas e 4 alumnos que cursan a optativa de discapacidade sobre a enfermidade renal crónica, os hábitos de vida saudable para o coidado da saúde renal e a importancia da doazón de órganos.
- FOMENTO DO COIDADO RENAL | Fundación Íñigo Álvarez de Toledo (FRIAT)
O mércores, no CEIP Eusebio da Garda, tivo lugar a presentación en galego do libro ilustrado "Renata, a miña nefróloga" editado pola FRIAT. Participou o noso xerente Alfredo Saborido, en calidade de vicepresidente da Federación Alcer Galicia. +Info
Comentarios
Publicar un comentario