ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 30 DE SETEMBRO / 1 DE OUTUBRO DO 2024
- OCIO | III Torneo solidario de Pitch and Putt
O pasado domingo tivo lugar o III Torneo Solidario de Pitch and Putt a Prol da Doazón de Órganos en Oroso. Celebrouse no Tambre Golf & Croquet grazas ao noso usuario Daniel Pereiro, recentemente transplantado de ril e aficionado a esta modalidade de golf. Alcer Coruña puido recaudar 630€ para continuar coa nosa labor de difusión sobre a importancia da doazón de órganos, polo que quedamos moi agradecidos tanto da vosa participación así como das persoas participantes do torneo.
Grazas tamén pola colaboración á clínica Diaverum Santiago, Supermercados Froiz e Concello de Oroso.
- OBRADOIRO | Manexo de dispositivos móbiles en Santiago
Queres aprender a empregar a aplicación do SERGAS E-Saúde? A realizar trámites ordinarios a través do teu teléfono móbil? Ou a facer un bo uso dos dispositivos móbiles? INSCRÍBETE!
- RECEITA | Crema de cogomelos e espárragos
Comentarios
Publicar un comentario