ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 21 DE OUTUBRO DO 2024
- VOLUNTARIADO| II Encontro de persoas voluntarias na Coruña
O pasado sábado tivo lugar en Culleredo o II Encontro e persoas voluntarias de Alcer Coruña, no que puideron desfrutar dunha xornada de formación e sinerxias en agradecemetno á súa labor na entidade ao longo do ano.
- OCIO E EXERCICIO FÍSICO| Participación na carreira ENKI pola inclusión
Na tarde do sábado estivemos por primeira vez na carreira inclusiva ENKI que tivo lugar na cidade da Coruña para visibilizar a diversidade funcional orgánica en xeral e a enfermidade renal en particular.
- SENSIBILIZACIÓN| Fomento da importancia da doazón de órganos e hábitos de vida saudable na farmacia Antucho Espinosa de Bertamiráns
- REIVINDICACIÓN | Eliminación de barreiras no uso de transporte público de persoas con discapacidade
O martes, a vocal de Alcer Coruña, Ana Mato, participou na concentración realizada en Santiago de Compostela e promovida por COGAMI para reivindicar a eliminación de barreiras que dificultan o acceso ao transporte público das persoas con discapacidade.
Comentarios
Publicar un comentario