ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 14 DE OUTUBRO DO 2024

- OBRADOIRO | Manexo de dispositivos móbiles en Santiago

Na tarde de onte tivo lugar a última convocatoria dos obradoiros de dispositivos móbiles que fixemos nas tres delegacións da entidade, na que participaron un total de 8 persoas.

- ENTREVISTAS | Participación do xerente de Alcer Coruña, Alfredo Saborido, en Radio Culleredo.

Mañá terá lugar a II edición do Día do Voluntariado de Alcer Coruña e Alfredo Saborido, xerente da entidade, dou unha entrevista en radio Culleredo sobre a programación da xornada e os motivos de celebración da mesma. Podes escoitala AQUÍ


- SENSIBILIZACIÓN| Fomento da importancia da doazón de órganos na facultade de enfermería de Ferrol

O mércores estivemos no Campus de Esteiro, en Ferrol, con 65 persoas estudantes do 2º curso do grao de enfermaría sensibilizando sobre a importancia da doazón de órganos. A formación foi impartida pola traballadora social da delegación de Ferrol Ángela Breijo e o noso voluntario Juan, que achegou a súa vivenza coa enfermidade ao estudantado.

- SENSIBILIZACIÓN| Fomento da importancia da doazón de órganos na Asociación veciñal de Lamas 

Onte estivemos coa Asociación veciñal de Lamas en San Sadurniño , falando tamén sobre a importancia da doazón de órganos e de adquirir hábitos de vida saudable para o coidado da saúde renal.

- SINERXIAS | Xuntanza da xunta directiva da Federación Alcer Galicia

O mércores reuniuse en Santiago a xunta directiva da Federación Alcer Galicia na Casa de Benestar Social.

- AXUDAS| Axuda de emerxencia social


- RECEITA| Cachopo de cabaciña

- LOTERÍA 2024 Faite co teu décimo ou participación!

- OUTRAS NOVIDADES DE INTERESE

Transplantes

👉🏻 2 doantes salvan a vida de 10 persoas esta semana na Coruña. +Info
👉🏻 Aprobada a proposta do dereito a ter baixa laboral para as persoas doadoras en vida. +Info

Enfermidade renal

👉🏻 Un 10% das persoas que teñen enfermidade renal, descoñece o seu diagnóstico. +Info
👉🏻 Revista Alcer. Enviámola en formato dixital e pronto a recibiredes nos vosos domicilios!

Exercicio físico

👉🏻 Recomendacións sobre a práctica de exercicio físico para maiores de 65 anos




Comentarios