ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 23 DE SETEMBRO.
- SENSIBILIZACIÓN | Charla sobre a doazón de órganos en Culleredo
O martes 24 de setembro Rafa Rodríguez, presidente da entidade, levou a cabo unha formación dirixida ao alumnado e equipo técnico do centro ocupacional sobre a doazón de órganos e transplantes na Escada (Culleredo).
- TARDES CON ALCER | Delegación da Coruña
Este xoves celebrouse un novo encontro do grupo de persoas con ERC da delegación da Coruña.
- CONVOCATORIAS | Axudas para a promoción da autonomía persoal do Concello de Outes
- CONVOCATORIAS | Probas acreditativas do nivel CELGA
- OCIO | Carreira ENKI 2024
- FORMACIÓN | Obradoiro sobre o manexo útil dos dispositivos móbiles - Santiago
- FORMACIÓN | Obradoiro de Psicoloxía - Ferrol
O xoves 26 de setembro, celebrouse un obradoiro na Casa Solidaria de Ferrol que versou sobre a importancia da familia como principal apoio para as persoas con ERC. Esta formación foi impartida por Patricia Casal, Psicóloga da Federación Alcer Galicia. Se precisas atención psicolóxica, non dubides en contactar con nós. O servizo é gratuíto!
- OCIO E FORMACIÓN | Congreso Nacional de Persoas Renais
- RECEITA | Revolto de cogumelos e grelos
- OUTRAS NOVIDADES DE INTERESE
Enfermidade renal
Desde a Consellería de Sanidade infórmannos do inicio da Campaña de vacinación fronte a gripe e a Covid-19. Preme AQUI para consultar a información completa.
A Federación Española de Diabetes celebrou un seminario web para a prevención renal na diabetes. Preme AQUI para velo.
Desde a FAG déixannos nas súas RRSS esta información ben interesante sobre o Nutri-Score. Preme AQUI para ver a publicación. Doazón de órganos
A Organización Nacional de Transplantes desvincula os procesos de doazón de órganos e eutanasia e asegura que o persoal sanitario non recibe incentivos por extraer órganos. Preme AQUI para ler o artigo completo.






.jpg)

.jpg)
Comentarios
Publicar un comentario