ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 16 DE SETEMBRO DO 2024
- SENSIBILIZACIÓN | Xornada de benvida ao alumnado da UDC
Este xoves estivemos na Xornada de Benvida ao Alumnado da UDC, tanto no Campus de Ferrol como na da Coruña. Grazas a esta actividade, achegamos a labor de Alcer Coruña e a importancia da doazón de órganos a 190 persoas 

Grazas a Fran, Gumer e Suso por acudir como voluntarios 

- TARDES CON ALCER | Delegación Ferrol
Na tarde do martes tivo lugar unha nova xuntanza do grupo de iguais da área sanitaria de Ferrol.
- FORMACIÓNS REALIZADAS | Exercicio físico para persoas con ERC
Durante da mañá deste mércores, 8 persoas aprenderon sobre a importancia do exercicio físico na ERC e como adquirir este hábito no seu día a día.
- OCIO INCLUSIVO | Viaxe en barco pola Ría de Muxía
5 persoas vencelladas a Alcer Coruña puideron desfrutar dun paseo en barco pola Ría de Muxía durante a mañá deste xoves. Grazas a COGAMI por esta oportunidade 

- SINERXÍAS | Participación da FAG no encontro SOGUG
Na tarde do 19 de setembro, Alfredo Saborido, xerente de Alcer Coruña e coordinador da FAG, participou no encontro promovido por SOGUG sobre tumores genitourinarios.
- CONVOCATORIAS | Probas acreditativas do nivel CELGA
- OCIO | III Torneo solidario de Pitch and Putt
- OCIO | Carreira ENKI 2024
- FORMACIÓN | Obradoiro de Psicoloxía - Ferrol
- OCIO E FORMACIÓN | Congreso Nacional de Persoas Renais
Consulta AQUI o programa completo e contacta con nós para máis información.
- RECEITA | Xudias verdes salteadas
- LOTERÍA 2024 | Faite co teu décimo ou participación!
- OUTRAS NOVIDADES DE INTERESE
Enfermidade renal
Desde a Consellería de Sanidade infórmannos do inicio da Campaña de vacinación fronte a gripe e a Covid-19. Preme AQUI para consultar a información completa.
Nova entrega do Podcats sobre cancro renal no que podes coñecer testemuños de vida de persoas con cancro de ril. Preme AQUI para escoitalo.Doazón de órganos
España: organización e ética na doazón de órganos. Preme AQUI para ler o artigo de opinión completo. Outra información de interese
Desde a FAG déixannos esta información ben interesante sobre marcha un programa formativo para orientar ás persoas maiores no uso da banca electrónica. Preme AQUI para máis información.





.jpg)

.png)
.jpg)

.jpg)
Comentarios
Publicar un comentario