ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 29 DE XULLO / 1 AGOSTO DO 2024
- MARIO LÓPEZ| Medallista europeo
Mario é membro da xunta directiva de Alcer Coruña e este ano volveu participar nos XII Xogos Europeos de Persoas Transplantadas que tiveron lugar do 21 ao 28 de xullo en Lisboa. Estando en tratamento de hemodiálise e agardando polo seu terceiro transplante de ril, volveu para a casa con 5 medallas (4 ouros e 1 plata)!
Os medios de comunicación fixéronse eco dos seus trunfos, tanto cun artigo no xornal Faro de Vigo como nunha entrevista no programa "A Revista" da Televisión de Galicia (a partir do minuto 30:40). Parabéns!
- FOMENTO DA DOAZÓN| O noso socio Manolo na TVG
O pasado 22 de xullo o noso socio Manolo Barreiro participou no programa "Xeracións" da TVG, onde aproveitou unha vez máis para sensibilizar sobre a importancia da doazón de órganos coa nosa camiseta "Sen Doantes non Hai Transplantes". Podes ver a súa participación no programa pulsando AQUÍ. Grazas, Manolo!
- SINERXIAS | Equiocio
O pasado martes o noso presidente Rafael Rodríguez participaba na presentación de Equiocio Ferrol xunto con representantes doutras entidades ferrolás.
- OCIO E FORMACIÓN| Congreso Nacional de Persoas Renais
- LOTERÍA 2024| Faite co teu décimo ou participación!
- FINANCIACIÓN 2024| Convenio co concello de Santiago de Compostela
- RECEITA| Espaguetes de cabaciña
- OUTRAS NOVAS DE INTERESE
+|Máis de Alcer Coruña

Comentarios
Publicar un comentario