ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 19 DE AGOSTO DO 2024
- OCIO | III Torneo solidario de Pitch and Putt
Estes días estivemos contactando con vós por teléfono para animarvos a participar no III Torneo Solidario desta modalidade de golf. Achegamos o cartaz con toda a información tal e como quedamos a pasada semana!
- OCIO | Carreira ENKI 2024
Por primeira vez Alcer Coruña quere contar con vós para participar na carreira inclusiva de ENKI o próximo 19 de outubro. Pode facerse camiñando, en cadeira de rodas ou correndo, porque é inclusiva para persoas con todo tipo de discapacidades. A idea é visibilizar a enfermidade renal crónica neste día e botar unhas risas. Animádesmos? 

- OCIO E FORMACIÓN| Congreso Nacional de Persoas Renais
- OUTRAS NOVIDADES DE INTERESE
Máis de Alcer
O pasado xoves falecía Carlos María Romero Casabona, presidente de honra da Federación Nacional Alcer. Unha persoa que sempre estivo comprometida na axuda ás persoas con enfermidade renal e coa doazón de órganos e transplantes. Sempre estarás con nós, prezado Carlos. +Info
No día de onte tamén nos uníamos á dor dos nosos compañeiros de Alcer Madrid polo pasamento de Juan, unha persoa comprometida coa loita contra a enfermidade renal. +Info


.jpg)

.jpg)
Comentarios
Publicar un comentario