ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 22 DE XULLO
PASEO EN VELEIRO POLA RÍA DE MUXÍA
O vindeiro 19 de setembro ás 11:00 teremos a oportunidade de facer unha ruta en barco pola Ría de Muxía. Prazas limitadas!
Contacta con nós para inscribirte! 

LOTERÍA DE NADAL 2024 

Xa podes reservar a lotería de Nadal de Alcer Coruña. E se toca aquí? 

CONGRESO NACIONAL DE PERSOAS RENAIS
Desde a Federación Nacional Alcer infórmannos que a fin de semana do 25 ao 27 de outubro se celebrará en Salamanca o Congreso nacional de Persoas Renais (as 37 xornadas nacionais de persoas renais e as 27 xornadas castellano leonesa). Prestade atención; nas vindeiras semanas ofrecerémosvos a información completa sobre a programación ben interesante que teñen preparada!
OUTRAS NOVAS DE INTERESE | Enfermidade renal
Desde a Federación Alcer Galicia achégannos dúas receitas adaptadas ás necesidades nutricionais das persoas con ERC. Preme AQUI e AQUI para velas. Anímaste a facelas? 
Dous estudos realizados no Hospital Regional Universitario de Málaga e no Hospital Universitario Dr. Peset de Valencia demostran que a fraxilidade do paciente maior de 65 anos diminúe tralo transplante de ril. Preme AQUI para ler a nova completa.


Comentarios
Publicar un comentario