ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 17 DE XUÑO DO 2024

 - DÍA NACIONAL| Día das Linguas de Signos Españolas

O pasado venres acudiron a vicepresidenta de Alcer Coruña (María José Brión) e o presidente da entidade (Rafael Rodríguez) a unha foto homenaxe realizada no Concello de Ferrol e organizada pola Asociación de Persoas Xordas de Ferrolterra para visibilizar o Día Nacional das Linguas de Signos Españolas.

- FORMACIÓNS | Información social e nutricional en Culleredo

O luns e mércores desta semana achegamos ao Concello de Culleredo información sobre hábitos nutrionais saudables así como sobre discapacidade e dependencia ás persoas integrantes do Centro Ocupacional Municipal A Escada.

- SINERXIAS | Encontro entre entidades que promoven a doazón de órganos en Galicia

Esta semana as entidades membro da Federación Alcer Galicia (da que forma parte Alcer Coruña), reunímonos para compartir sinerxias comúns con outras entidades galegas que promoven a doazón de órganos.

- REUNIÓNS| Grupos de traballo da Federación Nacional Alcer

O martes participamos no grupo de traballo de discapacidade con outras entidades Alcer de España. Onte xoves asistimos tamén ao grupo "Okúpate", no que se abordaron temas relacionados coa inclusión laboral das persoas con enfermidade renal crónica.

- SINERXIAS | Asistencia a taller formativo en Ferrol

Na mañá de onte xoves tivo lugar o taller "solucións tecnoloxicas para a vida diaria" organizada por "Equiocio" e ao que acudiron a traballadora social da delegación de Ferrol (Ángela Breijo) e os voluntarios da entidade: Ángeles, Jesús e Gumer.

- SINERXIAS | III Consello Asesor do Hospital Juan Cardona

O mércores pola tarde a traballadora social da delegación de Ferrol (Ángela Breijo) asistiu como representante de Alcer Coruña ao III Consello Asesor de Pacientes do Hospital Juan Cardona.

- DÍA MUNDIAL | Día do Cancro renal

Os terceiros xoves do mes de xuño celébrase o Día Mundial do Cancro Renal. Desde a Federación Nacional Alcer elaboraron unha páxina web na que poderedes consultar toda a información sobre esta doenza.

- OBRADOIRO | Dispositivos móbiles en Ferrol
Na tarde de onte a traballadora social de Alcer Coruña, Laura Grobas, impartiu un obradoiro en Ferrol sobre o manexo de dispositivos móbiles ao que acudiron un total de 11 persoas.

- PRÓXIMA FORMACIÓN | Taller para mellorar a adherencia á medicación en Santiago


- RECEITA DA SEMANA| [Rectificación]

A pasada semana enviamos por erro a receita cun título que non correpondía cos contidos. Rectificámola e pedímosvos desculpas!

​​

- OUTRAS NOVAS DE INTERESE | 

Enfermidade renal crónica

- A nutricionista da Federación Alcer Galicia, Nerea Nogueira, elaborou un video informativo sobre as pautas de nutrición básicas para as persoas con enfermidade renal en tratamento de hemodiálise. +Info
​- Campaña nacional sobre diabetes e enfermidade renal crónica. +Info
- A enfermidade renal crónica en mulleres postmenopáusica asóciase coa caídad e pezas dentais. + Info no documento que enviamos a parte 👇🏻
- Novo episodio do programa Nefro Late Show. +Info  


Comentarios