ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 6 DE MAIO DO 2024
- SENSIBILIZACIÓN| PARTIDO OBRADOIRO CAB
O pasado sábado estivemos no Multiusos Fontes do Sar informando ás persoas que asistiron ao partido do Obradoiro CAB contra o Bàsquet Club Andorra sobre a importancia do coidado da saúde renal e a doazón de órganos. Grazas aos voluntarios Daniel, Celia, Eloy e Gerardo por acompañarnos e axudarnos no reparto de información!
- FORMACIÓN| ESCOLA DE ENERXÍA
Da man da Escola de Enerxía de Naturgy, o equipo técnico de Alcer Coruña recibiu formación sobre como comprender a factura da luz, coñecer cambios que poden facerse nas vivendas para o aforro enerxético así como nocións para a tramitación do bono social e outras axudas.
- OBRADOIRO| "TI PODES"
O pasado martes tivo lugar en Santiago de Compostela o segundo obradoiro "Ti Podes" para previr situacións de depedencia nas actividades cotiás. O martes 21 repetirase en Narón. Aínda estás a tempo de anotarte!
-FORMACIÓN| OBRADOIRO DE PSICOLOXÍA
Da man da psicóloga Patricia Casal, o equipo técnico de todas as entidades membro de Alcer Galicia asistimos a unha formación o pasado mércores en Santiago de Compostela para mellorar a atención ás persoas usuarias. Pola tarde, aproveitamos a xuntanza para falar sobre o funcionamento interno da Federación Alcer Galicia e plantexar liñas de traballo futuro co fin de seguir mellorando a calidade de vida das persoas con enfermidade renal e as súas familias.
- ENTREVISTAS| PROGRAMA DE RADIO ENWORKING
O pasado martes participaron no programa de radio EnWorking Programa de Radio o noso presidente Rafa Martínez, o secretario da entidade Francisco Encinar e a súa dona Manuela González. +Info
- GRUPO "TARDES CON ALCER" | GRUPO DA DELEGACIÓN DE FERROL
O pasado martes tamén tivo lugar o encontro do grupo de persoas con enfermidade da delegación de Ferrol.
- PRÓXIMOS OBRADOIROS | NUTRICIÓN EN SANTIAGO E PSICOLOXÍA NA CORUÑA
Se queres participar, recorda avisarnos nos teléfonos que aparecen reflexados en cada cartaz!
- RECEITA DA SEMANA | PESCADA EN SALSA VERDE
- OUTRAS NOVAS DE INTERESE
ENFERMIDADE RENAL


Comentarios
Publicar un comentario