ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 29 DE ABRIL / 1 DE MAIO DO 2024

- FOMENTO DA DOAZÓN | CIFP COMPOSTELA

Na mañá de onte estivemos en Santiago fomentando a doazón de órganos. Gerardo Muñiz, voluntario de Alcer Coruña, achegou a súa vivencia como persoa con enfermidade renal crónica transplantada de ril ao alumnado da FP de técnico de integración social do CIFP Compostela.

O​BRADOIRO | M​ANEXO DE DISPOSITIVOS MÓBILES

​Na tarde de onte tivo lugar o primeiro dos 3 obradoiros que realizaremos en todas as delegacións, sobre o manexo de dispositivos móbiles. Desta volta, impartido pola nova traballadora social da delegación de Coruña Laura Grobas.
📆 Próximas datas: 20 de xuño en Ferrol e 5 de setembro en Santiago.









​PRÓXIMOS OBRADOIROS| ​FOMENTO DA INDEPENDENCIA NAS ACTIVIDADES COTIÁS


- OBRADOIRO DE NUTRICIÓN EN SANTIAGO DE COMPOSTELA PREPARA O TEU MENÚ SEMANAL

- NOVO BAREMO DE DISCAPACIDADE | IRREGULARIDADES NA SÚA APLICACIÓN

En abril de 2023 entrou en vigor o novo baremo para a valoración da discapacidade, o cal prometía ter en consideración melloras na súa implantación e que non está sendo igualitaria en todo o estado. Por iso as entidades Alcer, representadas pola Federación Nacional Alcer e por COCEMFE teñen realizado unha recompilación de todas as cuestións que non se estan a cumplir (tempos de espera, valoracións por debaixo do que indica o baremo, valoracións desiguais entre equipos de valoración...). Ao final deste informe podedes ver os resultados nos tempos de espera tralo estudo entre provincias, documento que se traslada ao Ministerio para continuar coas accións de presión. + Info

- RECEITA DA SEMANA | RISOTTO DE COGOMELO E QUEIXO AZUL



Comentarios