ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 27 DE MAIO DO 2024
- FORMACIÓN | OBRADOIRO DE PSICOLOXÍA EN CORUÑA
Na tarde de onte tivo lugar na Coruña un obradoiro pautas para mellorar as relacións familiares impartido por Patricia Casal, psicóloga da Federación Alcer Galicia.
- CONGRESOS| 46º CONGRESO NACIONAL SEMERGEN
Na mañá de hoxe Nuria Cruz, socia de Alcer Coruña e a vicepresidenta da Federación Alcer Galicia, participou no 46º Congreso da Sociedade Española de Médicos e Atención Primaria en Pontevedra. Acompañárona Sara (traballadora social de Alcer Pontevedra) e Fran (traballador social de Federación Alcer Galicia) . +Info
- ENTREVISTAS | PARTICIPACIÓN EN RADIO FILISPIN
Este luns estiveron no programa "Unha Tarde no Muiño" de Radio Filispin o presidente de Alcer Coruña (Rafael Martínez) xunto cos voluntarios da entidade Gumer e Juan. Entrevista completa
- PRÓXIMAS FORMACIÓNS| PARA PERSOAS CON ENFERMIDADE RENAL, FAMILIARES E POBOACIÓN XERAL
O 20 de xuño formación e Ferrol para aprender a manexar dispositivos móbiles e o 27 de xuño en Santiago de Compostela o obradoiro para aprender a tomar ben a medicación!
Comentarios
Publicar un comentario