ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 20 DE MAIO DO 2024
- TARDES CON ALCER | GRUPO SANTIAGO
O pasado xoves tivo lugar unha nova convocatoria do grupo de persoas con enfermidade renal de Santiago de Compostela.
- FORMACIÓN | OBRADOIRO DE NUTRICIÓN EN SANTIAGO
O pasado martes tivo lugar un obradoiro de nutrición en Santiago de Compostela impartido pola nutricionista da Federación Alcer Galicia Nerea Nogueira.
- FORMACIÓN | OBRADOIRO "TI PODES" EN NARÓN
O martes tivo lugar o último obradoiro de terapia ocupacional para a abordaxe de estratexias para a prevención da dependencia nas actividades cotiás en Narón. Á formación achegáronse Rafael Rodríguez (presidente de Alcer Coruña) e María del Carmen Lorenzo (Concelleira de Igualdade, Benestar Social e Política Lingüística do Concello de Narón).
- REUNIÓNS | COMISIÓN SOCIOSANITARIA DE COGAMI
O mércores o presidente de Alcer Coruña, Rafael Rodríguez, participou na reunión da Comisión Sociosanitaria de COGAMI para abordar o convenio entre COGAMI e SERGAS, o desabastecemento de produtos da carteira de servizos e a actualización do novo baremo de discapacidade.
- REUNIÓNS | GRUPO "OKÚPATE" DE FED. NACIONAL
Na mañá de onte participamos na reunión do grupo "Okúpate" da Federación Nacional Alcer abordando cuestións relacionadas coa inserción laboral das persoas con enfermidade renal crónica desde unha perspectiva social e funcional.
- PRÓXIMAS FORMACIÓNS
Continuamos ofertando obradoiros de formación! O próximo mércores na Coruña obradoiro de psicoloxía para aprender pautas que melloren as relacións familiares; o 20 de xuño formación e Ferrol para aprender a manexar dispositivos móbiles e o 27 de xuño en Santiago de Compostela o obradoiro para aprender a tomar ben a medicación!
- CONGRESOS| 46º CONGRESO NACIONAL SEMERGEN
Os días 30 e 31 de maio terá lugar o 46º Congreso da Sociedade Española de Médicos e Atención Primaria en Pontevedra, no que participará a socia de Alcer Coruña e a vicepresidenta da Federación Alcer Galicia Nuria Cruz. +Info
- RECEITA DA SEMANA | TORTILLA DE CABAZA
- OUTRAS NOVAS DE INTERESE
ENFERMIDADE RENAL






TRANSPLANTES

Comentarios
Publicar un comentario