ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 8 DE ABRIL DO 2024
III FEIRA DA SAÚDE E BEN-ESTAR
Mañá sábado 13 de abril participaremos na III Feira da saúde e ben- estar promovida polo Concello de Ames.
Ás 11:15 na Casa do Maior, Alfredo Saborido, xerente, traballador social e sexólogo da entidade, impartirá unha formación sobre a Sexualidade nas patoloxías crónicas.
Ademais, en horario de 11:00 - 14:00 e de 17:00 - 20:00 estaremos na carpa sita na Praza da Maía con información sobre coidado da saúde renal e promoción da doazón de órganos.
Consulta a programación e anímate a achegarte e desfrutar de tempo de lecer ao aire libre 👇
SESIÓN DE TARDES CON ALCER EN SANTIAGO
No día de onte, 11 de abril, levamos a cabo unha nova sesión de grupo de apoio para persoas con enfermidade renal, as Tardes con Alcer, na delegación de Santiago.
Anímate a participar no grupo da túa delegación máis próxima 



ACTO SOBRE O X SOLIDARIO EN FERROL
Este xoves 11 de abril Alcer Coruña, xunto con outras entidades sociais, levamos a cabo un acto informativo sobre a importancia de marcar o X Solidario (celda 106) na declaración da renda.
Neste evento participaron: Rafa Rodríguez (presidente da entidade), Ángela Breijo (traballadora social) e Ángeles, Ana, José Manuel e Suso, pertencentes ao equipo de voluntariado da entidade

E ti, xa marcas o X Solidario na túa declaración? 
OBRADOIROS "TI PODES", PARA MELLORAR A INDEPENDENCIA NAS ACTIVIDADES COTIÁS
Aínda estás en tempo de inscribirte 

II EDICIÓN DO ENCONTRO DE PERSOAS CON ENFERMIDADE RENAL DE GALICIA
AXUDAS PARA A MELLORA DE ACCESIBILIDADE NA VIVENDA
Últimos días para solicitar esta subvención

EMPANADA DE POLO E COGOMELOS
OUTRAS NOVAS DE INTERESE
Enfermidade renal



Comentarios
Publicar un comentario