ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 15 DE ABRIL DO 2024
PARTICIPACIÓN NA III EDICIÓN A FEIRA DE SAÚDE E BENESTAR DO CONCELLO DE AMES
O pasado sábado estivemos en Bertamiráns na nova edición da feira de saúde e benestar. Alfredo Saborido (xerente, traballador social e sexólogo da entidade) impartiu unha formación sobre sexualidade nas patoloxías crónicas e a traballadora social de Santiago de Compostela, Ayelén Etchegaray, estivo nunha mesa informativa para fomentar a importancia do coidado da saúde renal e da doazón de órganos contando coa axuda do voluntario Gerardo Muñiz.
A prensa tamén se fixo eco da nosa actividade. Podes ver AQUÍ a nova de La Voz de Galicia
O pasado martes tivo lugar este obradoiro na Coruña. Aínda estás a tempo de asistir aos de Ferrol e Santiago de Compostela! Chámanos para inscribirte!
FOMENTO DA DOAZÓN DE ÓRGANOS NO IES ALFREDO BRAÑAS DE CARBALLO
O pasado martes tamén estivo a traballadora social Marta Amigo no IES Alfredo Brañas de Carballo impartindo un obradoiro sobre a importancia da doazón de órganos e os hábitos de vida saudable para o coidado dos riles a 9 alumnas e 6 alumnos do ciclo superior de comercio internacional.
INFORMACIÓN PSICOLÓXICA
CABACIÑA RECHEA DE POLO E COGOMELOS
OUTRAS NOVAS DE INTERESE
Enfermidade renal
Revista Alcer. Adxuntamos a este correo electrónico a nova edición da revista ALCER. Pronto a recibiredes nos vosos domicilios!
Novo episodio de NefroLateShow. Podes velo AQUÍ
O efecto do alcochol nos riles. Achegámosvos un artigo que fala sobre isto. Pulsa AQUÍ para lelo.
Sabes o que é a glomeruloesclerose? Podes ler AQUí unha nova que describe esta condición que representa na actualidade o 12% dos novos diagnósticos de enfermidade renal.Transplante
Desde o ano 2016 aumentou nun 40% o nº de órganos trasladados en operativos aéreos para transplante. Podes ler AQUÍ a nova completa.Discapacidade
Ser muller, ter máis de 45 anos e ter unha discapacidade recoñecida son factores que dificultan o acceso ao mercado laboral. Podes ler AQUÍ a nova completa.BOA FIN DE SEMANA!



%20(1).jpg)



Comentarios
Publicar un comentario