ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 18 DE MARZO DO 2024

ABRIMOS PROCESO DE SELECCIÓN PARA PROFESIONAL DE TRABALLO SOCIAL 

Envío de currículos a coordinacionalcercoruna@gmail.com e info@alcercoruna.org ata o 31 e marzo

APARICIÓN EN PRENSA POLO DÍA MUNDIAL DO RIL!

Enviamos a parte un documento con todas as novas de prensa e mencións nas redes sociais que tivemos polo Día Mundial do Ril deste ano 👇👇

PARTIDO A PROL DA SAÚDE RENAL DO BÁSKET XIRIA DE CARBALLO

O pasado sábado a traballadora social da delegación de Coruña, Marta Amigo, instalou unha mesa informativa e liu un manifesto no partido entre o Calvo Basket Xiria e o Vila de Noia, para fomentr o coidado da saúde renal. 

PARTIDO A PROL DA DOAZÓN DE ÓRGANOS EN SANTIAGO DE COMPOSTELA

O pasado domingo estivemos no estadio Verónica Boquete de Santiago de Compostela informando a todas as persoas aficionadas que se achegaron ao partido entre o SD Compostela e o UP Langreo sobre a importancia da doazón de órganos. Acompañáronnos membros da xunta directiva (Mario López, Martín Flores e Ana Mato) e dúas persoas voluntarias (Gerardo Muñiz e Purificación Collazo) e repartimos preto de 700 dípticos!

PARTICIPACIÓN NA I XEIRA DE TRABALLO SOCIAL

Na mañá do martes estivemos na I Xeira de Traballo Social organizada pola Escola Universitaria de Traballo Social de Santiago de Compostela. No stand estiveron Ayelén Etchegaray, traballadora social de Alcer Coruña na delegación de Santiago de Compostela e Alfredo Saborido, traballador social e xerente da entidade.

II EDICIÓN DO ENCONTRO DE PERSOAS CON ENFERMIDADE RENAL DE GALICIA

​​​BONOTAXI NO CONCELLO DE SANTIAGO

AXUDAS PARA A MELLORA DE ACCESIBILIDADE NA VIVENDA



Comentarios