ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 22 DE XANEIRO DO 2024
TALLER PARA O FOMENTO DA DOAZÓN DE ÓRGANOS NO CPR LA MILAGROSA DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
O martes estivemos na aula de 6º de primaria do CRP La Milagrosa de Santiago de Compostela xunto co voluntario e membro da xunta directiva de Alcer Coruña Mario López, que achegou a súa vivencia como persoa con enfermidade renal en tratamento de hemodiálise á espera do seu terceiro transplante de ril ás 22 persoas asistentes.
FOMENTO DA DAOZÓN DE ÓRGANOS NO IES MONCHO VALCARCE DE NARÓN
Coa axuda de Carlos, voluntario de Alcer Coruña, achegamos a 73 asistentes do IES Moncho Valcarce a importancia da doazón de órganos e hábitos de vida saudable.
TALLER PARA O FOMENTO DA DOAZÓN DE ÓRGANOS E HÁBITOS DE VIDA SAUDABLE NO CEIP A SOLAINA DE NARÓN
Xunto con Gumer, voluntario de Alcer Coruña e persoa con enfermidade renal en tratamento de hemodiálise, acudimos onte ao CEIP A Solaina de Narón para abordar a importancia dos hábitos de vida saudable para o coidado da saúde renal e o fomento da doazón de órganos con 50 asistentes de 6º de primaria.
AXUDAS PARA O ALUGUER DA VIVENDA
AXUDAS PARA A RENOVACIÓN DE ELECTRODOMÉSTICOS
INFORMACIÓN NUTRICIONAL: FROITAS ORDEADAS SEGUNDO O SEU CONTIDO EN POTASIO
OUTRAS NOVIDADES DE INTERESE
Laboral
Subida neste ano 2024 do SMI (Salario Mínimo Interprofesional). Consulta AQUÍ máis información. Doazón de órganos
A directora da ONT, Beatriz Domínguez, explica as claves do éxito no sistema de doazón e transplantes de España. Podes consultar a nova completa AQUÍSaúde
Desde a Plataforma de Organización de Pacientes aseguran que preto do 47% das persoas con enfermidades crónicas teñen dificultade para o uso das tecnoloxías para a interacción co sistema de saúde. Podes ler AQUÍ a nova completa.
.jpg)
.jpg)



Comentarios
Publicar un comentario