ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 15 DE XANEIRO DO 2024

FOMENTO DA DOAZÓN DE ÓRGANOS NO IES EDUARDO BLANCO AMOR DE CULLEREDO!

O pasado venres xa vos adiantábamos a actividade que realizamos no IES Eduardo Blanco Amor de Culleredo co alumnado de 4º de eso, cos que abordamos a importancia da doazón de órganos e dos hábitos de vida saudable para o coidado da saúde renal. Grazas a Josefina Gregori, voluntaria de Alcer Coruña e persoa con enfermidade renal transplantada por acompañernos e achegarlle ao alumnado a súa testemuña! 

DATOS DE DOAZÓN E TRANSPLANTES 2023!

España segue a liderar a nivel mundial por trixésimo segundo ano consecutivo a cifra de transplantes realizados no ano 2023!
👉 Podedes consultar AQUÍ o documento resumo publicado pola Organización Nacional de Transplantes para coñecer os datos de toda España.
👉 Desde o SERGAS tamén se publicaron os resultados de Galicia, cunha moi boa nova! A cifra de negativas familiares baixou con respeto ao 2022! Podedes consultar os datos detallados AQUÍ

Comentarios