ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 4 DE DECEMBRO
IMPORTANTE 
DESDE A FEDERACIÓN NACIONAL DE ASOCIACIÓNS ALCER ACHÉGANNOS UN COMUNICADO DA AXENCIA ESPAÑOLA DE MEDICAMENTOS E PRODUTOS SANITARIOS: RISCO DO CONSUMO DE PSEUDOEFEDRINA PARA AS PERSOAS CON ERC 

XANTAR DE NADAL DE ALCER CORUÑA 



O pasado domingo 3 de decembro, celebramos o noso habitual xantar de Nadal no local Sociedad Cultural Deportiva Recreativa Canido. A esta actividade asistiron máis de 50 persoas.
Grazas, un ano máis, polo voso agarimo!
NOVO OBRADOIRO SOBRE PENSIÓNS DE XUBILACIÓN EN CULLEREDO
O pasado martes 5 de decembro o Traballador Social de Alcer Coruña, Filipe Cruz, impartiu un novo obradoiro sobre os tipos de pensións no centro social Costa da Lonxa.
OBRADOIRO PARA A XESTIÓN DO ESTRÉS E ANSIDEDADE EN SANTIAGO DE COMPOSTELA
Últimos días para inscribirse 

BURRITOS DE POLO
Receita adaptada ás pautas nutricionais das persoas con enfermidade renal crónica que se atopen en consulta ERCA, diálise e transplantadas.
LOTERÍA DE NADAL 2023!
Última semana para facerte coa túa participación. E se toca aquí? 

OUTRAS NOVAS DE INTERESE
Enfermidade renal
Rafael Rodríguez, presidente da entidade, e Juan Cagiao, voluntario de Alcer Coruña e usuario en tratamento de hemodiálise hospitalaria, realizaon unha entrevista para Radio Voz Ferrol para solicitar unha mellor coordinación no transporte sanitario e evitar demoras nos traslados. Podes escoitar a entrevista completa AQUÍ
Desde a Federación Alcer Galicia achégannos unha proposta de menú de Nadal adaptado ás necesidades nutricionais das persoas con ERC. Preme AQUI para velo!
Xa están dispoñibles para ver online as 36 Xornadas Nacionais de Persoas Renais celebradas pola Federación Nacional de Asociacións ALCER o pasado 25 e 26 de novembro. Preme AQUI Doazón de órganos e transplante






Comentarios
Publicar un comentario