ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 25 DE NOVEMBRO / 1 DE DECEMBRO
ALCER CORUÑA SÚMASE Á CAMPAÑA POLO DÍA DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER
O pasado sábado 25 de novembro celebrouse o Día Internacional para a Eliminación da Violencia Contra a Muller e usuarias de Alcer Coruña uníronse á campaña do "Grupo Mujer" da Federación Nacional Alcer para conseguir unha sociedade igualitaria e libre de violencia.
ALCER CORUÑA ASISTE ÁS 36 XORNADAS DE PERSOAS CON ENFERMIDADE RENAL EN MADRID
Alfredo Saborido, xerente de Alcer Coruña, asistiu a pasada fin de semana a Madrid ás 36 xornadas de persoas con enfermidade renal xunto con persoas usuarias de Alcer Coruña.
REUNIÓN DAS ENTIDADES COLABORADORAS DA UDC SAUDABLE
Este luns Alfredo Saborido, xerente de Alcer Coruña, acudiu á reunión organizada pola UDC Saudable con todas as súas entidades colaboradoras.
ASISTIMOS AOS PREMIOS RAFAEL HERVADA DA FUNDACIÓN SAN RAFAEL
O luns acudiu Rocío Sampedro, vocal da xunta directiva de Alcer Coruña, aos premios Rafael Hervada da Fundación San Rafael.
Comparte foto coas compañeiras Jessica e Almudena de AGAELA.NUTRICIÓN NAS PERSOAS ADULTAS
Esta mañá a nutricionista de Alcer estivo nos centros sociais de Boeiro e Peiro do concello de Culleredo falando sobre a importancia dunha boa alimentación nas persoas adultas.
PRAZO DE SOLICITUDE ABERTO ATA O 19 DE DECEMBRO!
3 DE DECEMBRO, DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE!
Alcer Coruña adhírese ao manifesto elaborado polo CERMI estatal polo Día Internacional das Persoas con discapacidade que podes ler AQUÍ e unímonos á súa campaña para reclamar a reforma da Lei de Propiedade Horizontal (podes ver AQUÍ o video promocional)
COUS COUS CON VERDURAS!SÓ 2 SEMANAS PARA FACERTE COA TÚA PARTICIPACIÓN!
Chámanos para conseguir a túa participación! Xa non queda nada para o sorteo!
OUTRAS NOVAS DE INTERESE!
Enfermidade renal
Esta semana saiu na prensa a testemuña de Fernando Porto, usuario de hemodiálise que relata a súa vivencia cos tempos de espera e viaxe en ambulancia. Podes ler a nova completa AQUÍ
Juan Carlos Julián, director da Federación Nacional Alcer, aborda a importancia da intervención emocional das persoas con enfermidade renal crónica. Podes acceder ao artigo completo AQUÍ
Filadelfo é a persoa que máis anos leva en diálise do mundo (45!). Podes ler a súa historia pinchando AQUÍMáis de Alcer Coruña
Como cada mes, sae publicada a actividade do mes de novembro de Alcer Coruña na páxina web da Federación Nacional Alcer. Accede á nova completa AQUÍDoazón e transplante de órganos
O CHUAC realizou no primeiro semestre do ano un transplante de órganos cada 34 horas. Nova completa pinchando AQUÍ.jpg)

.jpg)



.jpg)


.jpg)
Comentarios
Publicar un comentario