ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 11 DE DECEMBRO

OBRADOIRO PARA O MANEXO DO ESTRÉS E A ANSIEDADE EN SANTIAGO DE COMPOSTELA

Na tarde de onte tivo lugar en Santiago de Compostela un obradoiro impartido pola psicóloga da Federación Alcer Galicia (Patricia Casal) sobre o manexo do estrés e a ansiedade.

PLENO SOBRE A DISCAPACIDADE EN FERROL

Na mañá de onte parte da xunta directiva e equipo técnico de Alcer Coruña asistiron ao pleno sobre discapacidade e dependencia organizado polo concello de Ferrol. Pódese ver a grabación do mesmo pinchando AQUÍ.

PARTICIPACIÓN NO CONSELLO ASESOR DO COMPLEXO HOSPITALARIO UNIVERSITARIO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Este mércores Alfredo Saborido, xerente de Alcer Coruña, participou no Consello Asesor do CHUS. 

BENVIDA, AYELÉN!

Na delegación de Santiago de Compostela comeza a súa labor como traballadora social Ayelén Etchegaray. Benvida!

PARTICIPACIÓN NO GRUPO DE INFANCIA DA FEDERACIÓN NACIONAL ALCER

O pasado 29 de novembro o presidente de Alcer Coruña, Rafa Rodríguez, participoun na reunión de equipo periódica do grupo de infancia da Federación Nacional Alcer.

A HISTORIA DE CELSO

En Alcer Coruña temos a fortuna de coñecer a historia de vida de moitas persoas con enfermidade renal crónica e tamén dos seus familiares. Neste caso, presentámosvos a Celso, usuario de hemodiálise no Hospital Quirón, que nos relata as batallas ás que tivo que facer fronte ao longo da súa vida e o seu vínculo estreito co deporte como a pesca submarina e a moto náutica. Podes acceder á entrevista pulsando AQUÍ (que tamén poderedes ler no boletín adxunto á revista que chegará ás vosas casas próximamente!)

PROGRAMA DE TERMALISMO SOCIAL DO IMSERSO

ALERTA DA AXENCIA ESPAÑOLA DE MEDICAMENTOS 

Volvemos a enviar o comunicado remitido desde a Federación Nacional Alcer en relación á alerta sanitaria no risco do consumo de peseudoefedrina para persoas con enfermidade renal co listado completo de medicamentos.

SUBVENCIÓN DO CONCELLO DE CARBALLO PARA A FINANCIACIÓN DO PROGRAMA "ALCER 7 VIDAS"



Comentarios