ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 6 DE NOVEMBRO

TARDES CON ALCER NA DELEGACIÓN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA!

Na tarde de onte a traballadora social de Alcer Coruña na delegación de Santiago, Marta Amigo, moderou o grupo de apoio "Tardes con Alcer" da delegación de Santiago de Compostela.

OBRADOIRO DE EXERCICIO FÍSICO NA CORUÑA!

Na mañá do mércores 10 persoas aprenderon sobre como adaptar a actividade física á enfermidade renal no obradoiro impartido pola graduada en Ciencias da Actividade Física Antía Vidal no local de GRUMICO da Coruña.

PARTICIPACIÓN NO TALLER SOBRE A ELABORACIÓN DUN PROTOCOLO DE ACOSO

O martes a responsable do Departamento Económico - Administrativo de Alcer Coruña, Ana Trasmonte, participou de forma online na formación sobre a elaboración dun protocolo de acoso impartido pola Confederación Española de Persoas con Discapacidade (COCEMFE)

PARTICIPACIÓN NA REUNIÓN DA XUNTA DIRECTIVA DA FEDERACIÓN ALCER GALICIA

Rafa Rodríguez (presidente de Alcer Coruña e da Federación Alcer Galicia), Alfredo Saborido (vicepresidente de Alcer Coruña e da Federación Alcer Galicia) e María José Brión (tesoureira de Alcer Coruña e vogal de Federación Alcer Galicia), participaron nesta reunión da xunta directiva da Federación Alcer Galicia o pasado martes.

TRIXÉSIMO SEXTA EDICIÓN DAS XORNADAS NACIONAIS DE PERSOAS CON ENFERMIDDE RENAL

Deixamos AQUÍ toda a información relativa á celebración en Madrid os días 25 e 26 de novembro das xornadas nacionais de persoas con enfermidade renal. 

AMPLIACIÓN DO PRAZO PARA A SOLICITUDE DO BONO DIXITAL!

INFORMACIÓN SOBRE O BONO SOCIAL TÉRMICO

🍽️ CREMA DE CHÍCHAROS

LOTERÍA DE NADAL 2023





Comentarios