ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 30 DE OUTUBRO / 1 DE NOVEMBRO
ÚLTIMAS PRAZAS PARA O OBRADOIRO DE EXERCICIO FÍSICO!
OBRADOIRO DE BATCH COOKING EN SANTIAGO DE COMPOSTELA
Na tarde de onte tivo lugar no CIFP Compostela un obradoiro de cociña de aproveitamento adaptado ás pautas nutricionais das persoas con enfermidade renal cun total de 20 asistentes. Todo un éxito!
TRIXÉSIMO SEXTA EDICIÓN DAS XORNADAS NACIONAIS DE PERSOAS CON ENFERMIDDE RENAL
Deixamos AQUÍ toda a información relativa á celebración en Madrid os días 25 e 26 de novembro das xornadas nacionais de persoas con enfermidade renal.
PARTICIPACIÓN NO GRUPO DE EMPREGO "OKÚPATE" DE FEDERACIÓN NACIONAL ALCER
Na tarde de onte o noso presidente Rafa Rodríguez asistiu a unha reunión online do grupo de emprego de Federación Nacional Alcer. Nela abordáronse temáticas vencelladas ao novo baremo da discapacidade e tamén se fixo unha avaliación da formación interna que tivo lugar este ano 2023 en materia de emprego entre todas as entidades membro da Federación Nacional.
Comentarios
Publicar un comentario