ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 13 DE NOVEMBRO
TARDES CON ALCER NA DELEGACIÓN DE FERROL
Na tarde de onte tivo lugar a xuntanza do grupo de apoio "Tardes con Alcer" da delegación de Ferrol.
ASISTENCIA AO I FORO DE ACCESIBILIDADE DO CONCELLO DE SANTIAGO
Este luns o equipo técnico de Santiago de Compostela asistiou ao I Foro sobre accesibilidade do concello.
OBRADOIRO SOBRE ESTRATEXIAS E HÁBITOS SAUDABLES NAS PERSOAS ADULTAS
O pasado martes impartíronse por parte da terapeuta ocupacional de Alcer Coruña, Jessica Antelo, dous obradoiros para dar a coñecer estratexias para a prevención da dependencia nos centros cívicos de Fonteculler e Vila Melania do Concello de Culleredo
XANTAR DE NADAL 2023!
Xa temos día, lugar e hora para o xantar de nadal deste ano. Porémonos en contacto telefónico para informarvos e animarvos a participar. Agardámoste!
OBRADOIRO PARA A XESTIÓN DO ESTRÉS E ANSIDEDADE EN SANTIAGO DE COMPOSTELA
GALICIA É A COMUNIDADE AUTÓNOMA NA QUE AS PERSOAS TEÑEN QUE FACER UN MAIOR PERCORRIDO PARA A REALIZACIÓN DO TRATAMENTO DE HEMODIÁLISE
Esta semana foi exposto no 53 Congreso Nacional da Sociedade Española de Nefroloxía un estudo no que Galicia reflexaba que mási dun 65% das persoas que acoden a hemodiálise se teñen que desprazar a outra localidade. Pincha AQUÍ para acceder ao enlace da nova completa.
AÍNDA ESTÁS A TEMPO DE PARTICIPAR NAS TRIXÉSIMO SEXTA EDICIÓN DAS XORNADAS NACIONAIS DE PERSOAS CON ENFERMIDADE RENAL
Deixamos AQUÍ toda a información relativa á celebración en Madrid os días 25 e 26 de novembro das xornadas nacionais de persoas con enfermidade renal.
Comentarios
Publicar un comentario