ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 9 DE OUTUBRO
II TORNEO DE PITCH AND PUTT
Aínda non te inscribiches? Non dubides en participar e pasar unha xornada de ocio e deporte con nós!
FOMENTO DA DOAZÓN DE ÓRGANO NA FACULTADE DE ENFERMERÍA DA UDC (FERROL)
O pasado mércores estivemos na Facultade de Enfermería do Campus de Esteiro (Ferrol) abordando a importancia sobre a doazón de órganos e os hábitos de vida saudable para o coidado da saúde renal. Acompañounos Jesús, voluntario da entidade transplantado de ril.
PUNTO DE ATENCIÓN AO ALUMNADO NO CAMPUS UNIVERSITARIO DE FERROL
Este mércores tamén retomamos a presenza nos puntos de información ao alumando no Centro Cultural Universitario de Ferrol. Deixámosvos toda a información! 

Comentarios
Publicar un comentario