ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 23 DE OUTUBRO
ÚLTIMAS PRAZAS PARA O OBRADOIRO DE BATCH COOKING EN SANTIAGO DE COMPOSTELA!
OBRADOIRO DE EXERCICIO FÍSICO PARA PERSOAS CON ENFERMIDADE RENAL
TRIXÉSIMO SEXTA EDICIÓN DAS XORNADAS NACIONAIS DE PERSOAS CON ENFERMIDDE RENAL
II TORNEO DE PITCH AND PUTT A PROL DA DOAZÓN DE ÓRGANOS
O domingo 22 de outubro tivo lugar o II Torneo solidario a prol da doazón de órganos no Tambre Golf co fin de sensibilizar ás persoas federadas a esta modalidade deportiva sobre a importancia da doazón de órganos para salvar a vida das persoas que precisan dun transplante, que tamén supuxo unha doazón de 600€ para o mantemento dos servizos e programas da entidade. Este evento celébrase por segundo ano consecutivo a través de Daniel Pereiro, xogador de Pitch and Putt e usuario de hemodiálise na Clínica Diaverum de Santiago de Compostela, que quixo fomentar entre as persoas xogadoras deste deporte a importancia da doazón de órganos para salvar a vida daquelas que precisan dun transplante de ril coma el; ademais de dar a coñecer o Pitch and Putt como deporte adaptado para persoas con enfermidade renal.
TARDES CON ALCER NA DELEGACIÓN DE FERROL
ASISTENCIA ÁS XORNADAS INFORMATIVAS "PRESTACIÓN DE AXUDA PARA MORRER"
SUBVENCIÓN DO CONCELLO DE CORUÑA AO SERVIZO DE INFORMACIÓN E ORIENTACIÓN SOCIAL
NUTRICIÓN TRALO TRANSPLANTE DE RIL
OUTRAS NOVAS DE INTERESE
Discapacidade
A pasada semana tivo lugar unha xornada sobre a dicapacidade orgánica organizada pola Confederación Española de Persoas con Discapacidade Física e Orgánica (COCEMFE). Se tes interese por coñecer aspectos vinculados coa discapacidade orgánica, podes velas pinchando AQUÍTransplantes
Concursos e premios
A Federación Nacional Alcer presentouse co estudo Emphatize aos premios "somos pacientes" 2023. Solicitan a nosa axuda para que votemos e saia como candidatura gañadora. Podes obter máis información AQUÍ







.png)

Comentarios
Publicar un comentario