ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 2 DE OUTUBRO
II TORNEO DE PITCH AND PUTT
O próximo 22 de outubro terá lugar o II Torneo de Pitch an Putt en Oroso (A Coruña). Anímate a participar!
PARTICIPACIÓN NAS V XORNADAS DE PERSOAS CON ENFERMIDADE RENAL DE GALICIA
Máis de 70 persoas participaron o pasado sábado nas V Xornadas de Persoas con Enfermidade Renal de Galicia celebradas no Edificio Docente Novoa Santos de Santiago de Compostela. Grazas a todas e a todos por asistir!
PARTICIPACIÓN NO IX OUTUBRO SAUDABLE
O equipo técnico de Alcer Coruña participou no IX Outubro Saudable organizado pola Facultade de Ciencias da Saúde da Universidade da Coruña. Desde a entidade achegouse ao alumnado de terapia ocupacional a labor que a entidade desenvolve coas persoas con enfermidade renal crónica, familiares e poboación en xeral.
XUNTA DIRECTIVA DA FEDERACIÓN ALCER GALICIA
Despois de celebrar as V Xornadas de Persoas con Enfermidade Renal o pasado sábado, a xunta directiva a reuniuse este mércores para valorar a actividade; contando coa participación de María José (Alcer Lugo), Miguel (Alcer Ourense), Nuria (Alcer Pontevedra), Alfredo e Rafa (Alcer Coruña), José Luis e Teresa (Alcer Ourense).
TARDES CON ALCER NA DELEGACIÓN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
Na tarde de onte tivo lugar unha nova convocatoria do grupo das Tardes con Alcer da delegación de Santiago de Compostela.
Comentarios
Publicar un comentario