ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 18 DE SETEMBRO
PROGRAMA DE BENESTAR EN BALNEARIOS
Xa está aberto o prazo para inscribirse no programa de Benestar en balnearios da Xunta de Galicia. Podes facelo ata o 18 de outubro!
MESA INFORMATIVA NA FARMACIA ANTUCHO ESPINOSA
O luns 11 de setembro colocamos unha mesa informativa na farmacia Antucho Espinosa para concienciar sobre a importancia da doazón de órganos e hábitos de vida saudables. Acompañounos Celia, usuaria e voluntaria da entidade 



PRESENTACIÓN DA CARREIRA ENKI 2023
Este martes 19 de setembro, Manolo Barreiro, socio e voluntarido de Alcer Coruña e Alfredo Saborido, xerente da mesma; asistiron xunto con outras entidades sociais ao acto de presentación da carreira ENKI que se celebrará o domingo 21 de outubro na Coruña.
XORNADA DE BENVIDA Á UDC
Este xoves 21 de setembro participamos na xornada de benvida ao alumnado da UDC, no campus de Ferrol e no campus da Coruña. Grazas a esta xornada, informamos ás persoas que se achegaron sobre a importancia da doazón de órganos 



Acompañáronnos nesta xornadas Ángeles, Fran e Gumer, pertencentes ao equipo de voluntariado da entidade.
V XORNADAS DE PERSOAS CON ENFERMIDADE RENAL DE GALICIA!
Abertas a todas as persoas interesadas. Deixamos programa completo para a súa consulta e recordamos que se precisa realizar inscrición previa!
FORMACIÓN DA FEGERACIÓN ALCER GALICIA NA CORUÑA
O pasado martes 19 de setembro, Beatriz vega impartiu unha formación sobre o recoñecemento da Discapacidade e da Dependencia á cal asistiron un total de 14 persoas.
Contacta con nós se precisas máis información dos vindeiros cursos programados.
POLO ASADO CON MAZÁS
Receita adaptada ás pautas nutricionais das persoas con enfermidade renal crónica en diálise e transplantadas.
LOTERÍA DE NADAL 2023!
Axúdanos na súa venda ou merca a túa participación ou décimo. COLABORA CON NÓS!
OUTRAS NOVAS DE INTERESE
Transplantes
Unha investigación realizada na Universidade de Northwestern (EEUU) investiga un novo dispositivo que vixiará a saúde do órgano transplantado e dará sinais de alarma ante un posible rexeito do inxerto. Lee o artigo completo AQUIEnfermidade renal
Desde a federación Nacional de Asociaciones ALCER realizaron un estudo dobre a dispersión xeográfica das persoas en prediálise e hemodiálise de España. Podes ler o estudo completo AQUI Outras entidades
A Xanela, asociación de discapacitados activos das Pontes, realiza este domingo 24 unha carreira - andaina solidaria para levar a cabo o programa As Pontes Contigo. Anímate a participar! Máis información AQUI
Desde o Colexio de Farmacéuticos da Coruña convídannos a participar na súa habitual carreira nocturna o sábado 30 deste mes na Coruña. Consulta máis información AQUI 








Comentarios
Publicar un comentario