ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 4 DE SETEMBRO
FOMENTO DA DOAZÓN DE ÓRGANOS NA CASA DO ROCK DE SANTIAGO
Este luns estivemos no campamento "A casa do Rock" de Santiago fomentando a importancia da doazón de órganos xunto coa compaña dos voluntarios Ana Marto e Mario López, ambos en tratamento de hemodiálise á espera dun transplante, que achegaron a súa vivencia aos menores.
A prensa tamén se fixo eco da actividade! Podes consultar a nova AQUÍ
OBRADOIRO "A DISCAPACIDADE NA ENFERMIDADE RENAL CRÓNICA"
Terá lugar o próximo 19 de setembro na sede de COGAMI da Coruña. Anímate a participar!
XORNADAS DE PERSOAS CON ENFERMIDADE RENAL DE GALICIA!
O próximo sábado 30 de setembro temos unha cita en Santiago de Compostela para as V Xornadas de persoas con enfermidade renal de Galicia. Esta semana xa nos puxemos en contacto con todas e todos vós. Agardamos a vosa participación!
PROBAS DE CERTIFICACIÓN DA LINGUA GALEGA
TABLETA DE IOGUR CONXELADA!
Adaptada ás pautas nutricionais das persoas en diálise e transplantadas!
LOTERÍA DE NADAL 2023!
Axúdanos na súa venda ou merca a túa participación ou décimo. COLABORA CON NÓS!
Comentarios
Publicar un comentario