ALCER CORUNA. NOVIDADES DA SEMANA DO 25 DE SETEMBRO
FOMENTO DA DOAZÓN DE ÓRGANOS EN SANTIAGO DE COMPOSTELA
Esta semana levamos a cabo dúas charlas informativas para fomentar a doazón de órganos e hábitos de vida saudables entre a poboación estudante de Santiago.
O martes 26 de setembro estivemos con 11 rapazas da facultade de Traballo Social e onte, 28 de setembro, co alumnado de 6º de primaria do Colexio San Jorge 



Estas actividades son posibles grazas ao convenio asinado co Concello de Santiago e ao equipo de voluntariado quen achega a súa experiencia.
NOVA SESIÓN DAS TARDES CON ALCER
Na tarde de onte, 28 de setembro, un grupo de 6 persoas xuntáronse na Coruña para compartir experiencias e inquedanzas sobre a súa convivencia coa enfermidade renal. Se queres participar nalgunha sesión, na Coruña ou noutra delegación, contacta con nós 

PROGRAMA DE BENESTAR EN BALNEARIOS

PARTICIPACIÓN NA FORMACIÓN DE FIARE BANCAETICA
O xoves 28 de setembro, Rafael Rodríguez (presidente de Alcer Coruña) e Ana Trasmonte (responsable do Departamento Económico - Administrativo da entidade) participaron nun seminario promovido pola EAPN Galicia que tratou sobre Servizos para as entidades do Terceiro Sector. FIARE Banca Ética.
V XORNADAS DE PERSOAS CON ENFERMIDADE RENAL DE GALICIA!
Mañá sábado 30 de setembro a Federación Alcer Galicia celebra ás V xornadas de persoas con enfermidade renal. Quen non poida asistir, pode velas en directo a través da canle de Twich da Federación. Conéctate mañá a través do código QR
ou clicando AQUI

Comproba o programa para non perder ningunha das ponencias 

PASTA CON AMEIXAS
Receita adaptada ás pautas nutricionais das persoas con enfermidade renal crónica que se atopen en consulta ERCA, diálise e transplante.
LOTERÍA DE NADAL 2023!
Axúdanos na súa venda ou merca a túa participación ou décimo. COLABORA CON NÓS!
OUTRAS NOVAS DE INTERESE
Outras entidades


Comentarios
Publicar un comentario