ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 11 DE SETEMBRO
PASEO EN VELEIRO POLA RÍA DE CAMARIÑAS!
O pasado venres 5 persoas usuarias de Alcer Coruña puideron desfrutar dunha travesía en veleiro pola Ría de Camariñas desde o porto de Muxía. Para ano, repetimos!
I ENCONTRO DE VOLUNTARIADO DE ALCER CORUÑA!
O pasado domingo tivemos a oportunidade de poder reunir a gran parte do voluntariado de Alcer Coruña na Casa Común de Rarís de Teo para celebrar o I Encontro de Voluntariado da entidade. Tivemos unha pequena formación, xantamos xuntos e desfrutamos dunha foliada a cargo do grupo "O Son do Pote" do que forma parte o noso socio e voluntario Gerardo Muñiz. Grazas novamente a todas as persoas que coa vosa labor altruista facedes posible moitas das actividades que desenrolamos en Alcer Coruña!
A prensa tamén se fixo eco desta actividade. Podes ler a nova completa AQUÍ
AÍNDA ESTÁS A TEMPO DE INSCRIBIRTE!
V XORNADAS DE PERSOAS CON ENFERMIDADE RENAL DE GALICIA!
Abertas a todas as persoas interesadas. Deixamos programa completo para a súa consulta e recordamos que se precisa realizar inscrición previa!
PARABÉNS, MARIO!
Mario, vocal da Xunta Directiva de Alcer Coruña, en tratamento de hemodiálise e á espera do seu terceiro transplante de ril, segue conquisando éxitos!
A pasada fin de semana participou na Triple Corona Illas Atlánticas xunto co Club de Natación e Salvamento da Estrada realizando unha travesía a nado de 19 quilómetros en 7 horas, 33 minutos e 15 segundos. Parabéns!
PARTICIPACIÓN NO SPOT DA CARREIRA ENKI 2023
Alcer Coruña participa desde o seus inicios na Carreira ENKI, organizada pola Fundación Abrente na que se pretende visibilizar a diversidade funcional e fomentar a inclusión social. Este ano o noso socio e voluntario Manolo participou no spot publicitario da mesma en representación de Alcer Coruña. Grazas!
OBRADOIRO ONLINE DE NUTRICIÓN INFANTIL EN ENFERMIDADE RENAL CRÓNICA
RISOTTO DE CABAZA!
Receita adaptada ás pautas nutricionais das persoas con enfermidade renal crónica en diálise e transplantadas.
OUTRAS NOVAS DE INTERESE
Transplantes
Continúa a investigación no eido dos transplantes. Investigadores da Universidade de Cantón en China demostran a viabilidade de cultivar órganos sólidos humanos noutras especies. Podes acceder á nova completa AQUÍ
España aporta o 24% dos doantes de órganos de toda a Unión Europea! Podes ler AQUÍ a nova completa publicada desde o Ministerio de Sanidade.Enfermidade renal
Deixámosvos unha entrevista realizada a M.Isabel Rodríguez Lozano, especialista en nefroloxía do Hospital San Rafael da Coruña na que fala sobre como previr a enfermidade renal . Acceso á entrevista AQUÍ






.jpg)

Comentarios
Publicar un comentario