ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 24 DE XULLO

PROPOSTA DE EXERCICIO FÍSICO ADAPTADO ÁS PERSOAS CON ERC

Grazas á financiación do Concello da Coruña traémosvos dúas propostas de exercicio físico 👇
Anímate a facelos e manter hábitos de vida saudables 😉


LOTERÍA DE NADAL 2023!

Pronto teremos dispoñible para venda e reserva de talonarios a lotería de nadal deste ano! Tamén dispoñemos de décimos por un importe de 25€ para aquelas persoas interesadas e baixo reserva! 


🍽 SALPICÓN DE MARISCO


🚩 OUTRAS NOVIDADES DE INTERESE 

Saúde renal 
👉 A Sociedade Española de Nefroloxía achéganos unha serie de recomendacións para coidar a nosa saúde renal no verán. Lee toda a información AQUI e coida os teus riles! 
👉 A Sociedade Española de Hipertensión avanza no manexo do control da hipertensión arterial resistente, sendo esta unha das principais causas de enfermidade renal. Podes ler a nova completa AQUI

Hospitais da provincia
📣 A unidade de hemodiálise do hospital do Barbanza sae na prensa para anunciar que trala renovación do departamento funciona ao 92% de ocupación. Preme AQUI para ler a nova completa. 📅 Desde Alcer Coruña visitamos mensualmente esta unidade para facer seguimento de todas as persoas que acoden a hemodiálise.

Máis de Alcer Coruña
👉 Deixamos AQUÍ o habitual resumo das actividades do mes elaborado pola Federación Nacional Alcer.

Comentarios