ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 17 DE XULLO

ANDAINA SAUDABLE E VISITA AO PLANETARIO E A CASA DAS CIENCIAS NA CORUÑA

👣 O pasado 20 de xullo 8 persoas vencelladas a Alcer Coruña participaron na andaina saudable no Parque de Santa Margarita organizado na cidade da Coruña para fomentar o encontro entre iguais realizando exercicio físico.
A continuación visitamos o Planetario e a Casa das Ciencias da Coruña!



PRESENTACIÓN DO PROCESO DE ATENCIÓN INTEGRAL NA ERC
📆 O 19 de xullo Alcer Coruña, conxuntamente coa Federación Alcer Galicia e as súas entidades membro, estivo presente na presentación do Proceso de Atención Integral en Enfermidade Renal Crónica realizado no CHUO.
Este documento busca a detección precoz, a prevención, a mellora na coordinación entre Atención Primeria e Especializada, así como a homoxeneización dos procesos asistenciais ás persoas con Enfermidade Renal Crónica de Galicia.
Alcer Galicia, e en consecuencia todas as súas entidades membro, participaron na súa elaboración desde o inicio como entidade de pacientes poñendo á cabeza a visión da persoas con enfermidade renal e o seu proxecto de vida a través da intervención interdisciplinar entre as equipas sanitarias, as psicosociais e especialistas da nutrición.


SER PERSOA SOCIA DE ALCER CORUÑA TEN VANTAXES!

Desta volta traemos un 15% de desconto en todos as cadeas de hoteis ILUNION para todas as persoas que colaborades coa nosa entidade como persoas socias!



🙌 CONVENIO COA CONSELLERIA DE POLITICA SOCIAL E XUVENTUDE

Un ano máis e grazas á Consellería de Política Social e Xunventude da Xunta de Galicia, poderemos desenvolver o Programa de formación e fomento da participación do voluntariado "Alcer Solidario". 


📣 BONOS DIXITAIS PARA COLECTIVOS VULNERABLES

Xa está aberto o prazo de solicitudes do bono dixital para a conectividade de colectivos vulnerables.
Para máis información contacta con nós 👇


🚩 TURISMO SOCIAL DO IMSERSO

Últimos días para novas inscricións ou modificación de datos! 


🍽 GAZPACHO DE SANDÍA


🚩 OUTRAS NOVIDADES DE INTERESE

👉 𝗜 𝗜𝗡𝗙𝗢𝗥𝗠𝗘 𝗦𝗢𝗕𝗥𝗘 𝗔 𝗘𝗡𝗙𝗘𝗥𝗠𝗜𝗗𝗔𝗗𝗘 𝗥𝗘𝗡𝗔𝗟 𝗖𝗥𝗢́𝗡𝗜𝗖𝗔 𝗣𝗢𝗥 𝗖𝗢𝗠𝗨𝗡𝗜𝗗𝗔𝗗𝗘𝗦 𝗔𝗨𝗧𝗢́𝗡𝗢𝗠𝗔𝗦. Segundo este informe, a enfermidade renal é a segunda causa de morte en España e 2 de cada 3 persoas non coñecen que teñen esta enfermidade, habendo un 84% de persoas que estando xa no estadío 3 non coñecen que teñen esta doenza! Preme AQUI para consultar a nova completa.

Comentarios