ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 10 DE XULLO
FOMENTO DA DOAZÓN DE ÓRGANOS NO CAMPAMENTO DE VERÁN DO BÁSQUET CORUÑA!
O pasado venres estivemos con 149 rapazas e rapaces de entre 8 e 14 anos no Albergue Santa Cruz de Oleiros fomentando a importancia dos hábitos de vida saudable para o coidado da saúde renal.
TARDES CON ALCER NA DELEGACIÓN DE SANTIAGO
Na tarde de onte tivo lugar a séptima convocatoria do ano do grupo de Santiago, no que aproveitamos para desfrutar do bo tempo e saimos a tomar un café!
ACTIVIDADE DE OCIO EN CORUÑA!
O próximo xoves temos unha cita en Coruña para pasear polo parque de Santa Margarita e visitar despois o Planetario e Casa das Ciencias. Anímate a participar!
CONSELLOS NUTRICIONAIS PARA PERSOAS EN DIÁLISE PARA REDUCIR A SEDE NO VERÁN
TURISMO SOCIAL DO IMSERSO
Data tope de inscrición ata o 25 de xullo.
MARMELADA DE ARANDOS!
Receita adaptada ás pautas nutricionais das persoas en prediálise, diálise e transplantadas.
OUTRAS NOVIDADES DE INTERESE
Enfermidade renal
O Hospital Ribera Juan Cardona de Ferrol reforza para este verán o servizo de diálise para dar resposta á demanda de persoas que se desprazan a esta área sanitaria para desfrutar das súas vacacións estivais. Accede AQUÍ ao artigo completo.
A Federación Nacional Alcer segue aconsellando o uso de máscara de cara para o colectivo de persoas con enfermidade renal. Podes ler todas as recomendacións e os motivos das mesmas AQUÍTransplantes
Iberia nomea un dos seus novos avións "Organización Nacional de Transplantes" pola colaboración que a aerolínea fai coa ONT para facer posibles os transplantes de órganos en España. Pulsa AQUÍ para ler a nova completa.
Entrevista a María Dolores Martínez, presidenta da Federación Española de Transplantados de Corazón, sobre a doazón de órganos. Podes lela completa AQUÍ
A Organización Nacional de Transplantes consegue levar a cabo 3 transplantes cruzados de ril que neste caso implicou a intervención de 6 persoas. Accede AQUÍ á nova.
Un estudo realizado en Coruña e que recolle datos nacionais, determina cales son os criterios obxectivos que determinan o acceso a un transplante de corazón. Podes ler clicando AQUÍ a publicación.BOA FIN DE SEMANA!




.jpg)

Comentarios
Publicar un comentario