ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 29 DE MAIO / 1 DE XUÑO
DÍA DO DOANTE DE ÓRGANOS 2023!!
O próximo mércores celebramos o Día do Doante de Órganos 2023. Achegamos a programación completa desta semana e animámosvos a participar de forma activa en todas as actividades! Porque doar órganos, salva vidas!
O luns, sesión de cine en Ferrol!
Reproducirase no Cine Dúplex a película "Morir". Entradas gratuítas limitadas! Contacta con nós para conseguir a túa!
ASISTENCIA Á ASEMBLEA XERAL DE FEDERACIÓN NACIONAL ALCER
A pasada fin de semana acudiu o xerente de Alcer Coruña, Alfredo Saborido, á Asemblea Xeral Ordinaria da Federación Nacional Alcer en Madrid.
MESA INFORMATIVA NO MERCADIÑO DE CARBALLO
Onte estivemos no mercadiño de Carballo cunha mesa informativa informando a todas as persoas interesadas sobre a importancia do coidado da saúde renal e sensibilizando sobre a importancia da doazón de órganos!
CONVOCATORIA DO GRUPO DE APOIO DE FERROL "TARDES CON ALCER"
Recorda que os temos activos estes grupos en Ferrol, A Coruña e Santiago de Compostela e que estamos agardando a vosa participación!. Contacta con nós e forma parte activa deste grupo de iguais!
OBRADOIRO SOBRE DISCAPACIDADE E ENFERMIDADE RENAL
Queres coñecer que dereitos tes ao ser unha persoa con enfermidade renal? Como se valorará a partir de agora o recoñecemento da túa discapacidade ou como hai que solicitala e tramitala? Inscríbete neste obradoiro que terá lugar o próximo xoves en Coruña. Aínda estás a tempo!
OBRADOIRO PARA O FOMENTO A PREVENCIÓN DA DEPENDENCIA NAS ACTIVIDADES COTIÁS
Só queda por celebrar un dos tres obradoiros que impartirá a terapeuta ocupacional de Alcer Coruña este ano nas tres delegacións da entidade!
Queres saber como previr a dependencia nas actividades cotiás? Coñecer o que son os produtos de apoio? Recoñecer situacións de risco no domicilio? Ou saber como facer máis accesible o teu fogar? Inscríbete de forma gratuíta!
NOVAS SOBRE A TRAMITACIÓN DA INCAPACIDADE LABORAL TEMPORAL
Non dubides en chamarnos se precisas máis información!
SERVIZOS DE ODONTOLOXÍA DO SERGAS
COÑECES A RENTA ACTIVA DE INSERCIÓN?Deixamos esta infografía para que coñezades este recurso, a quen vai dirixido e requisitos de acceso. Quedamos á vosa disposición para máis información!
SALMÓN AO FORNO!
Receita adaptada ás pautas nutricionais das persoas con enfermidade renal crónica en calquera un dos tratamentos renais sustitutivos.









.jpg)
.png)
Comentarios
Publicar un comentario