ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 19 DE XUÑO
OBRADOIRO DE VELA DE 5 DÍAS DE DURACIÓN E GRATUÍTO EN SANXENXO. PRAZAS LIMITADAS!
NOTA PARA PERSOAS EN HEMODIÁLISE: Queremos aclarar que este ano debido á alta demanda, na área sanitaria de Pontevedra non está sendo posible facer reserva de prazas vacacionais para datas de verán. As persoas interesadas nesta actividade que fagan este tratamento, terían que desprazarse todos os días do mesmo ao seu centro de referencia.
ENCONTRO ENTRE ALCERES EN PANXÓN
Persoas usuarias de Alcer Coruña desfrutaron dunha fin de semana en Panxón a pasada fin de semana. Estiveron hospedados na Residencia de Tempo Libre, visitaron as Illas Ons e na xornada do domingo pariticiparon interxeneracional de adultos e menores con enfermidade renal.
OBRADOIRO PARA A PREVENCIÓN DA DEPENDENCIA NA CORUÑA
Na tarde do martes, Jessica, terapeuta ocupacional de Alcer Coruña, estivo na Coruña realizando un obradoiro para a prevención da dependencia nas actividades da vida diaria.

Na tarde de onte a nutricionista da Federación Alcer Galicia realizou en Santiago de Compostela un obradoiro de nutrición ao que acudiron 13 persoas usuarias e familiares de Alcer Coruña.
Comentarios
Publicar un comentario