ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 22 DE MAIO
ALCER CORUÑA PARTICIPARÁ NO I SIMPOSIO DE DOAZÓN E TRANSPLANTE DE ÓRGANOS - CHUAC
O vindeiro mércores 7 xuño conmemorase o Día do Doante de Órganos e desde o CHUAC realizan o I simposio en doazón e transplante de órganos - CHUAC no cal participará Alcer Coruña. A actividade comezará ás 09:00 da mañá e rematará ás 13:45. Anímate a asistir!
NOVO OBRADOIRO SOBRE DISCAPACIDADE
O vindeiro 8 de xuño na cidade da Coruña, a Federación Alcer Galicia levará a cabo un obradoiro sobre a Discapacidade na enfermidade renal crónica, nesta ocasión desde a perspectiva do Traballo Social: solicitude, valoración de dereitos e recursos para as persoas con Discapacidade. Inscríbete. Actividade gratuíta!
VISITA AO AQUARIUM FINISTERRAE DA CORUÑA
No día de onte, xoves 25 de maio, visitamos o Aquarium Finisterrae da Coruña. Presta atención ás nosas redes sociais e a este envío semanal para coñecer a vindeira actividade!
PARTICIÓN NA ANDAINA SAUDEANDO DE AMES
Na tarde de onte, 4 persoas vencelladas a Alcer Coruña participaron na andaina promovida polo concello de Ames. Contacta con nós se necesitas máis información sobre novas saídas!
OBRADOIRO DE TERAPIA OCUPACIONAL EN NARÓN
O pasado venres 19 de maio tivo lugar un obradoiro para a prevención de situacións de dependencia en Narón. Impartiuno a terapeuta ocupacional de Alcer Coruña, Jessica Antelo, e asistiron un total de 11 persoas. Recorda, podes contactar con nós se necesitas unha atención individualizada para paliar algunha dificultade na realización dalgunhas actividade no teu día a día.
PROPOSTA DE EXERCICIO FÍSICO
Grazas ao Concello da Coruña, achegámosvos unha proposta de actividade para fomentar o exercicio físico. Manter hábitos de vida saudables é imprescindible para unha boa calidade de vida.
OUTRAS NOVIDADES DE INTERESE!
Federación Nacional Alcer
Desde a Federación Nacional de Asociaciones Alcer achégannos un novo convenio coa empresa Fidelity do cal te podes beneficiar como persoa socia de Alcer Coruña. Chámanos para máis información! 




.gif)
Comentarios
Publicar un comentario