ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 15 DE MAIO
VISITA AO AQUARIUM FINISTERRAE DA CORUÑA
O próximo 25 de maio temos unha cita no aquarium da Coruña. Anímaste a participar? Chámanos!! Actividade gratuíta!
XANTAR CON ALCER ASTURIAS
O pasado sábado tivemos o pracer de ter un xantar coas compañeiras e compañeiros de Alcer Asturias e pasar unha agradable xornada!
MESA INFORMATIVA EN BERTAMIRÁNS - AMES
O pasado luns estivemos na Farmacia Antucho de Bertamiráns xunto coa nosa voluntaria Ana Mato. Informamos ás persoas asistentes sobre a importancia da doazón de órganos e os hábitos de vida saudable para o coidado da saúde renal.
OBRADOIRO DE TERAPIA OCUPACIONAL EN SANTIAGO DE COMPOSTELA
O pasado martes tivo lugar un obradoiro para a prevención da dependencia en Santiago de Compostela. Impartiuno a terapeuta ocupacional de Alcer Coruña Jessica Antelo e asistiron un total de 11 persoas.
FINALIZACIÓN DA FORMACIÓN INTERNA SOBRE A ORIENTACIÓN LABORAL E OCUPACIONAL DE PERSOAS CON ENFERMIDADE RENAL
Desde a Federación Nacional Alcer e o Grupo Laboral "Okúpate", implementaron ao longo de 4 sesións varias formacións internas sobre a realidade laboral e ocupacional das persoas con enfermidade renal. Deste grupo leva formando parte moitos anos Rafa (presidente de Alcer Coruña); e este ano sumouse a Jessica Antelo (terapeuta ocupacional), que impartiu na última xornada unha formación sobre alternativas ocupacionais e adaptación das mesmas ás diferentes capacidades das persoas usuarias.
FIN DO PRAZO DE INSCRICIÓN PARA O ENCONTRO DE PERSOAS CON ENFERMIDADE RENAL DE GALICIA!
Recorda contactar con nós se finalmente queres participar no encontro de persoas con enfermidade renal de Galicia. O luns remata o prazo de inscrición!
WEBINAR "CICLO MENSTRUAL EN MULLERES CON ENFERMIDADE RENAL"
Podes inscribirte a través do código QR ou chamándonos ao 981.29.87.59!
OUTRAS NOVIDADES DE INTERESE!
Eido laboral
Esta semana saiu publicado no BOE un Real Decreto que anuncia o adelanto da xubilación ás persoas que teñen unha discapacidade recoñecida maior ou igual ao 45%. Neste caso, a enfermidade renal crónica non aparece contemplada. Podedes consultar todo o Real Decreto AQUÍEnfermidade renal
A ciencia non para de avanzar e nun estudo realizado no Hospital de Bellvitge demostraron que poden reducir nun 12% a insuficiencia renal aguda tras ciruxías cardíacas complexas. Podes consultar AQUÍ o artigo completo.
Un algoritmo podería descubrir enfermidades renais comparando datos da historia clínica do SERGAS. Trátase do proxecto Galión. Podes ler a nova completa AQUÍTransplantes
Unha nova a analizar e sobre a que reflexionar, pero da que nos fan conscientes desde o Consello Xeral de Colexios Oficiais de Farmacia. Entre un 20 e un 54% das persoas transplantadas deixan de tomar o tratamento. Podes ler AQUÍ a nova completa.



.jpeg)


.jpg)
XUDÍAS VERDES SALTEADAS
Comentarios
Publicar un comentario